|
|
Introducción
O WinRAR é a versión para Windows do compresor RAR, unha ferramenta
moi poderosa que che permite crear, manexar e controlar arquivos
comprimidos e que está dispoñíbel para os seguintes sistemas
operativos: DOS, OS/2, Windows (32-bit), Unix (Linux, BSD, SCO,
Sparc e HP-UX) e BeOS.
O WinRar é un programa shareware, polo que se pode usar
durante 40 días. Pasado este tempo, se queres continuar usándoo, tes
que rexistrarte.
Para obter máis información ou descargar a ultima versión do
programa, vai á páxina web do autor (Eugene Roshal)
http://www.rarsoft.com/ A traducción do
WinRAR fíxoa Carlos
Fco. Andión López
coa colaboración de Ana
Domínguez Salgado
Requisitos
- Windows 95
- Windows 98, 98SE
- Windows ME
- Windows NT4
- Windows 2000
Características
- Soporte completo para arquivos RAR e ZIP.
- Ten un algoritmo de compresión moi sofisticado.
- Posúe un algoritmo de compresión especialmente deseñado para
arquivos multimedia.
- Ten unha interface de cuberta que inclúe facilidades para
arrastrar e soltar.
- Interface en liña de comandos.
- Xestión de arquivos non-RAR (CAB, ARJ, LZH, TAR, GZ, ACE, UUE) .
- Ten un sistema de compresión sólido, que nos permite
unhas ratios de compresión de arredor do 10-50% superior a outros métodos,
particularmente cando se comprimen moitos arquivos pequenos e moi
semellantes.
- Soporta arquivos multivolume.
- Permite a creación de arquivos autoextraíbeis (tamén
multivolume), usando o módulo SFX.
- Permite a recuperación de arquivos danados fisicamente.
- Soporta a cifraxe de arquivos.
.
Capturas de Pantalla do WinRAR 2.71

¿Como baixalo e
instalalo?
- Primeiro debes ter o programa orixinal en inglés. Podes
descargalo dende a páxina do autor http://www.rarsoft.com/
. Asegúrate de descargar a versión 2.71 do WinRAR. Se non o
atopases neste enderezo podes baixalo premendo aquí
- Para instalalo só tes que executar o arquivo que acabas
de baixar e seguir as instrucións que figuran na pantalla.
- Para traducir os programas ao galego, tes que descargar o
arquivo galWinrar271.exe premendo aquí.
- Unha vez que descarges o arquivo tes que executalo e seguir as
instrucións que van aparecendo na pantalla.
- Agora xa podes executar o WinRAR e apareceranche os menús
traducidos ao galego.
|
|