|
|
Introdución
O Winamp de Nullsoft
é un reprodutor de música rápido, flexíbel
e de alta
fidelidade, que traballa baixo Windows 95/98/NT. Winamp pode traballar
con diferentes formatos de arquivos de son, tales como MP3, CD, WMA, Audiosoft,
Mjuice, MOD, WAV e outros formatos de audio. Ademais posúe a opción
de ter diferentes aparencias (peles) e programas de extensión
(plug-ins) de visualización e de efectos de audio.
Winamp agora distribúese totalmente de balde (freeware).
Xeito de uso
Xanela principal
Esta é a xanela principal do programa Winamp. Nela pódense
apreciar os controis básicos:
anterior, reproducir, deter, parar, seguinte e seleccionar nova canción.
Pódense apreciar varias pantallas de visualización onde aparecen:
-
Un analizador de espectro e un osciloscopio.
-
Información da canción: autor, título, velocidade
de transmisión de bits (Kbps), velocidade do procesador (Khz), tempo,
etc
-
Controis adicionais: posición da pista (botón que se move
mentres se reproduce a canción), balance, volume, ecualizador gráfico
(EQ), editor da lista de reprodución (PL), mestura (shuffle)
e repetición (a frecha inclinada).
Winamp pode executarse de maneira oculta, isto é, pódese
premer o botón que aparece ao lado do x na parte superior dereita
da xanela, e terase o programa nunha xanela reducida. Todas as xanelas
do programa son despregábeis-pregábeis. Podemos despregar
o editor da lista de reproducións premendo no botón LP, e
do mesmo xeito o ecualizador, premendo no botón EQ .
Ecualizador
Ecualizador con dez bandas gráficas e preamplificador incorporado.
Permite crear e gardar novas, preamplificacións e ecualizar, ademais
de coller as anteriormente gardadas. Así mesmo, pódense crear
e gardar sons específicos preamplificados e ecualizados, e ver a
curva de ecualización. Ten como opción a autocarga da ecualización
previamente gardada. O ecualizador pódese seguir utilizando no cambio
de volume e balance en modo de xanela oculta.
Editor de listas de reproducións
O editor de listas de reproducións permite:
-
Crear e gardar novas listas de reproducións ou gravar unha lista
anterior
-
Editar a información dunha canción (usando o editor da etiqueta
ID3)
-
Clasificar polo título e o nome do arquivo ou ao chou.
-
Engadir ou borrar unha canción ou un bloque de cancións da
lista de reproducións.
-
Borrar arquivos de son ou listas de arquivos de son da lista de reproducións.
-
Activar unha canción premendo dúas veces nela na lista.
-
Amosar a duración das cancións e da lista.
A lista de reproducións pódese executar sen a xanela principal,
os mini-controis e a visualización do tempo ou en modo oculto, amosando
só o título da canción.
Mini-navegador
O mini-navegador permite:
-
Autocarga das páxinas de SHOUT cast stream.
-
Mercar cd's musicais de amazon.com
-
Ver biografías, fotos e outras informacións de artistas por
mediación de RollingStone.com
-
Conseguir a última información sobre Winamp
-
Navegar pola colección de extensións (plug-ins) e
aparencias (peles) para mellorar a copia do Winamp.
¿COMO BAIXALO
E INSTALALO?
-
Debes instalar primeiro a versión inglesa do Winamp 2.64. Se aínda
non o tes (podes atopalo en calquera cd de revistas de informática),
podes baixalo desde aquí.
-
Unha vez baixado, debes executar o '.exe' e seguir as instrucións
da pantalla.
-
Unha vez instalado debes instalar o paquete de lingua galega e tamén
instalarlle a 'Pel' en galego de Galego21. Para iso debes baixar
esta instalación automática.
-
Executa o arquivo que acabas de baixar e le atentamente as instrucións
que aparecen na pantalla de comezo da instalación, xa que
alí figura, con todo o detalle, como realizar a instalacción
de maneira correcta.
|
|