|
|
O WebCopier é
un navegador fóra de liña, ou sexa un programa que nos permite
descargar un sitio que nós escollamos ao noso disco duro para poder
navegar tranquilamente sen nos preocupar polo gasto da conexión,
e incluso nos permite imprimir todo o sitio descargado sen ter que ir imprimindo
páxina por páxina. Este programa é considerado como
un dos mellores navegadores fóra de liña existentes hoxe
en día.

Vantaxes
-
Descarga con múltiples opcións: Permite establecer
varios parámetros de personalización para a descarga, indicando
niveis, se queremos que se recollan páxinas situadas fóra
do servidor ou non, etc.
-
Imprimir os sitios descargados: Permite imprimir o sitio completo
ou unha parte do sitio descargado, evitándonos a incomodidade de
ir páxina a páxina imprimindo un sitio Web que nos interese.
-
Soporte de Proxy e Cortalumes: Permite configurar saídas
con este tipo de filtros.
-
Continuar transferencias detidas: As descargas detidas pódense
continuar (se o permite o servidor).
-
Automatización de encendido/apagado: Para poder automatizar
totalmente as nosas descargas, programándoas para aquelas horas
nas que hai menos carga na rede.
E moitas outras máis; É un programa que non debes deixar
de probar e utilizar.
¿COMO BAIXALO
E INSTALALO?
-
Debes instalar primeiro a versión inglesa do Webcopier 2.1. Se aínda
non o tes (podes atopalo en calquera cd de revistas de informática),
podes baixalo dende aquí.
-
Unha vez baixado, debes executar o '.exe' e seguir as instrucións
da pantalla.
-
Unha vez instalado debes instalar o paquete de lingua galega. Para iso
debes baixar esta instalación
automática.
-
Executa o arquivo que acabas de baixar e le atentamente as instrucións
que figuran na pantalla de comezo da instalación; nela aparece con
todo detalle como realizar a instalacción de maneira correcta.
|
|