|
|
O TradWordGal
é unha macro que traduce os menús do Word 97 e do Word 2000,
e que nos permite acceder a todos os menús deste coñecido
procesador de textos completamente en galego.
Ver o aspecto.
A macro foi desenvolvida por Josep e Pere Ponsatí i Cornellà;
podes ver as súas estupendas
páxinas para informarte máis do TradWordCat. A tradución
fíxoa Antón Méixome; podes baixar tamén
unha versión do TradWordGal dende as súas
páxinas, onde atoparás a información máis
actualizada sobre esta estupenda macro.
Galego21 creou a súa propia distribución, que instala
automaticamente os arquivos precisos de xeito automático.
¿COMO BAIXALO
E INSTALALO?
-
Debes baixalo premendo aquí.
-
Para instalarlo só tes que executar o arquivo que acabas de baixar
e seguir as instrucións que figuran na pantalla.
|
|