|
Na actualidade podes baixar as seguintes aplicacións para traballar
en galego e de xeito totalmente gratuíto. Algunhas estan
desenvolvidas polo grupo de traballo do proxecto Xis e outras estan
desenvoltas por outras persoas e/ou entidades.
O software traducido e desenvolto polo equipo de traballo do Proxecto
Xis aparece como 'Galego21'. Se o programa foi desenvolto ou
traducido por outra persoa e/ou entidade aparecerá o seu nome en
troques do de 'Galego21'.
Navegadores / Internet / Audio / Lingua / Ferramentas varias
|
Opera 5.12 (Windows 95/98/NT/2000)
TRADUCCIÓN OFICIAL
|
Tradución do Opera 5.12. Esta aplicación
contén un xestor de correo, un navegador para a Web, un xestor
de grupos de novas. Este navegador é considerado o máis rapido
na actualidade e o que menos ocupa en disco. Pódese instalar
incluso sobre ordenadores 386 sen problemas. Esta versión xa
contén todos os estándares definidos polo WWW Consortium ata
o 2001. Imprescindíbel.
Galego21 asinou un convenio con Opera Software polo cal
se converte no fornecedor oficial das traducións ao
galego para Opera Sofware.
|
|
[Baixar]
|
[Máis información]
|
Galego21
|
|
Navegador Xis 4.03 (Windows 95/98/NT/2000)
|
|
Traducción do Netscape Comunicator versión
4.03. O paquete contén un xestor de correo, un navegador para a
Web, un xestor de grupos de novas e un editor de HTML. Navega
por Internet con este estupendo paquete de programas, realizando
as tarefas máis habituais na rede. Imprescindíbel.
Para instalalo só tes que
descargalo dende aquí, e executar o arquivo que copias. No caso
de teres outra versión do Netscape Communicator instalada no
teu ordenador, deberás desinstalala antes de implantar o Xis
4.03. Se queres ter máis información, vai á páxina do Xis.
|
|
[Baixar]
|
[Máis información]
|
Galego21
|
Mozilla
(M14) Futuro Xis 6 (Windows 95/98/NT/2000 : Linux) |
|
Versión galega do que será o vindeiro Netscape, para o noso caso o
que será o vindeiro navegador Xis. Esta versión non é nin moito
menos definitiva, xa que aínda conten moitos erros, pero si que nos
pode servir para ver o que vai ser o futuro do navegador de Netscape,
e o noso navegador.
Báixao xa e próbao.
|
[Baixar]
|
[Máis información] |
Galego21 |
|
MSN (Windows 95/98/NT/2000)
|
|
MSN Messenger Service é un servicio de
mensajería instantánea por Internet que che axuda
a manter o contacto cos teus amigos na rede.
Comproba se os teus amigos están conectados,
envía e recibe mensaxes instantáneas, fala con varios
amigos ó mesmo tempo, e controla quen pode verche e contactar
contigo.
Como engadido, se inclúe unha utilidade para comprobar
se tes correo novo nas túas contas de Hotmail.
Esta potente utilidade foi traducida por Rafa
Muñoz e podes descargar a versión en galego e as
instruccións de instalación dende as súas
páxinas.
|
|
[Baixar]
|
[Máis información]
|
Rafa Muñoz
|
LeechFtp
1.3 (Windows 95/98/NT/2000) |
|
Excelente cliente de Ftp co que poderás subir e baixar arquivos ao
teu servidor preferido. Tamén poderás subir as túas páxinas web
ao servidor que che preste o espacio para a súa publicación. Se
queres ter un estupendo programa para cargar e descargar arquivos
non deixes de instalar este programa. Para iso só tes que copiar o
arquivo e executalo no teu PC.
|
[Baixar]
|
[Máis información] |
Galego21 |
WebCopier
(Windows 95/98/NT/2000) |
¿Cantas veces
desexaches poder baixar un sitio web con todas as súas páxinas asociadas dunha soa vez,
para poder navegar tranquilamente dende o teu Pc e sen gastar cartos de conexión? Pois
velaquí tes o mellor navegador Off Line gratuíto que hai no mercado, coa mellor
relación calidade/prezo; calidade=10, prezo=0. A última versión tamén nos permite
imprimir varias páxinas a partir dunha páxina inicial.
Para instalalo, sigue as instruccións que amosamos
na páxina de 'Baixar'. |
[Baixar]
|
[Máis información] |
Galego21 |
NetVampire
3.3(Windows 95/98/NT/2000) |
¿Oíches falar de programas que xestionan
as descargas de arquivos, como o Getright?. Aquí tes un dos mellores programas para
xestionar a descarga de arquivos dende calquera servidor. Permite recuperar conexións
perdidas, comezando a descarga onde foi deixada antes do erro de conexión. Permite tamén
temporizar as descargas para programalas para as horas que se queira e rematar a sesión
cando esta descarga se complete. Ofrece uns informes de descargas estupendos e pódese
configurar para traballar con barreiras de control e Proxys.
Se descargas arquivos de Internet, debes ter instalado este fabuloso
programa totalmente gratuíto, e agora en galego.
A axuda está completamente en galego, co que poderás aprender a
manexar este programa e a sacarlle todo o partido cun manual en liña e de xeito doado.
Para instalalo, sigue as instruccións que podes atopar na páxina de
'Baixar'. |
[Baixar] |
[Máis
información] |
Galego21 |
gIRC
2.0 (Windows 95/98/NT/2000) |
¿Coñeces o mIRC, o
mellor programa de IRC/Chateo do mundo mundial?. Pois xa podemos empregalo en galego
gracias ao script desenvolto por RaMi (Rami Rodriguez Suarez;
http://personal.redestb.es/rami/).
Ten en conta que o script non é unha traducción
do programa. Infórmate na súa Web das vantaxes que che proporciona o gIRC, descárgao e
instálao. Sen dúbida non vas quedar arrepentid@. |
[Baixar]
|
[Máis información] |
Rami Rodriguez Suarez |
WebZip
3.80 (Windows 95/98/NT/2000) |
Aquí tes outro
estupendo programa para baixar sitios web e despois navegar tranquilamente, sen
preocupacións polo gasto telefónico. Ademais permite gardar as páxinas descargadas nun
só arquivo Zip para aforrar espacio ou envialas ós amigos por correo electrónico.
Para instalalo, sigue as instruccións que amosamos
na páxina de 'Baixar'. |
[Baixar]
|
[Máis información] |
Galego21 |
FlashGet
0.92 (1275k) (Windows 95/98/NT/2000) |
Outro premiado programa para
descargar arquivos e sitios web completos traducido por José M. Alarcón Aguín. É de
balde, e ainda que a versión sen rexistrar amosa anuncios durante a descargas disque
está moi ben. FlashGet está especialmente deseñado para mellorar a velocidade de
descarga e a xestión posterior dos arquivos baixados.
Lembra que tes que baixar o 'Additional language Pack' para instalar a
versión traducida ao galego. |
[Baixar] |
[Máis
información] |
Galego21 |
WinAmp
2.64 (Windows 95/98/NT/2000) |
Se che gusta a
música, aquí tes o máis famoso reproductor en formato MP3. Cunha interface
personalizada e en galego, poderás acceder a todos os bancos de música do mundo enteiro,
copiar as pezas que máis che interesen, e reproducilas no teu ordenador cunha simple
tarxeta de son e uns altofalantes.
Para instalalo, sigue as instruccións que podes
atopar na páxina de 'Baixar'. |
[Baixar]
|
[Máis información] |
Galego21 |
Easy
CD-DA Extractor 4.2.0 (Windows 95/98/NT/2000) |
Converte pistas de audio CD en ficheiros de
son. Crea copias directas dixitais de pistas de audio procedentes de Compact Disc con
CD-DA extractor. Este programa extrae audio dixital dun disco compacto e transfórmao en
ficheiros de son .WAV, .RAW, o .MP3 , cunha sinxela e intuitiva interface.
O programa sen rexistrar ten unha limitación consistente en que só
permite copiar unha pista de cada vez.
Crea as túas bibliotecas de MP3 a partires dos teus CD's de audio
favoritos e reprodúceos co Winamp en galego que che proporcionamos no proxecto Xis. |
[Baixar] |
[Máis información]
|
Galego21 |
Radiator
1.5.4.0 - (Windows 95/98/NT/2000) |
Radiator é un programa de balde para
escoitar e gravar emisoras empregando tarxetas sintonizadoras de radio. Intuitivo e doado
de instalar e empregar, con teclas rápidas para as funcións principais, programable,
gravación en MP3, WMA...
Doado de instalar e configurar para que traballe en galego: Sigue
as instruccións que podes atopar na páxina de 'Baixar'. |
[Baixar] |
[Máis información]
|
Galego21 |
Traductor
A Taiga (Windows 95/98/NT/2000) |
¿Precisas realizar
unha traducción do Castelán ao galego e tes o documento en formato Word, texto ou HTML?.
Non te mates o ordenador faino por ti. IMPRESCINDÍBEL ter este traductor automático de
Castelán a Galego. Entre o Rianxo e mais A Taiga non teremos problemas de pasar dun
idioma a outro de xeito automático. A traducción da Taiga está en normativa de
mínimos, e podemos escoller certo tipo de parámetros (remate en forma 'ción', etc..). A
versión 2.0 (decembro de 2000) permite empregar dicionarios persoais (aparte de corrixir
algúns erros).
Este programa esta desenvolto por Andrés Ventas. Para máis
información vai á páxina da Taiga. Programa altamente recomendado para todos aqueles
que queiran realizar unha traducción do castelán ao galego, non o dubides, será toda
unha sorpresa.
Para instalalo, sigue as instruccións que amosamos
na páxina de 'Baixar'. |
[Baixar]
|
[Máis información] |
Andrés Ventas |
Corrector
ortográfico Galgo (Windows 95/98/NT/2000) |
Tes problemas
ortográficos e botas de menos unha ferramenta no teu procesador de textos como a que
existe en castelán ou calquera outro idioma....... Aquí podes descargar e instalar no
teu ordenador o último corrector ortográfico para Windows confeccionado en Galicia pola
empresa Imaxín, subvencionado pola C. de Educación e distribuído de balde pola Xunta de
Galicia.
Preme 'Baixar' ou 'Máis información' para ir á páxina do servidor da
Xunta onde podes obter información e descargar este novo corrector de idioma galego.
Integrase de xeito óptimo en Word 97. |
[Baixar] |
[Máis
información] |
Imaxín |
Corrector
Corrixe (Windows 95/98/NT/2000 : Mac) |
Outro corrector algo
máis antigo que o Galgo. Foi o seu antecesor. Desenvolto por José F. Álvarez Rodríguez
e Mª Jesús Domínguez Martínez, e polo ILGA.
Preme 'Baixar' ou 'Máis información' para ir á páxina do servidor do
ILGA onde podes obter información e descargar este corrector de idioma galego. |
[Baixar] |
[Máis
información] |
ILGA |
Análise
de textos ABZ (Windows 95/98/NT/2000) |
Se traballas con
textos, es filólogo, ou o teu campo é a lingüística, saberás apreciar este programa
desenvolto por Manuel Forcadela. Extrae e analiza todos os termos e palabras que aparecen
nun texto, o número de veces que se repiten, onde se atopan, etc.. O programa de
multitude opcións de análise de texto. Unha ferramenta imprescindíbel para os
lingüístas.
Preme 'Baixar' ou 'Máis información' para ir á páxina do Ximnasio de
Academo onde podes obter información e descargar este programa dende a sección de
'software'. |
[Baixar] |
[Máis
información] |
Manuel Forcadela |
ConText
(v 0.93.0) (Windows 95/98/NT/2000) |
ConTEXT
é un pequeno e rápido editor de texto especialmente pensado para programadores e que
serve como segunda ferramenta para desenvolver programas. Ten utilidades tan
potentes como o de poder editar arquivos de calquera tamaño, abrir varios arquivos baixo
a mesma execución do programa realizando operacións de busca e remplazo en todos eles
dunha atacada. Para editar código de programación implementa axudas como o de poder
editar o código en diferentes cores para distinguir as partes do código de determinadas
características, e moitísimas máis utilidades. Se traballas programando non deixes de
baixalo. |
[Baixar]
|
[Máis información] |
Galego21 |
Install
Maker 1.2 (Windows 95/98/NT/2000) |
O Install Maker é
unha ferramenta que permite crear instalacións para aplicacións. Algo totalmente
imprescindíbel para calquera programador ou compañía de creación e/ou distribución de
software. O que temos aquí non é a traducción do programa, senón a adaptación do
programa para que xere instalacións en galego. Á hora de crear unha instalación imos
poder seleccionar o idioma, e polo tanto poderemos escoller o noso idioma. Esta
traducción foi feita por José M. Alarcón Aguín. |
[Baixar]
|
[Máis información] |
Galego21 |
RegCleaner
3.5 (Windows 95/98/NT/2000) |
Limpa o rexistro para
que o teu PC vaia moito mellor. Regcleaner é un programa sinxelo de usar que che permite
eliminar fácilmente as entradas vellas do rexistro que foron creadas por programas que
fai séculos que non usas. |
[Baixar]
|
[Máis información] |
Galego21 |
TradWordGal
-Word 97/2000 en galego-(Windows 95/98/NT/2000) |
Por fin podemos traballar co procesador de
textos máis usado en galego. O TraWordGal é unha versión do TradWordCat (Word en Catalán) que consiste nunha
macro que traduce completamente os menús do Word97 ou 2000.
Xunto có corrector 'Galgo' e os traductores castelán-galego-castelán
do Proxecto Rianxo e da Taiga, xa podemos traballar
con textos caseque na súa maioria en galego.
Non esperes maís para usalo. |
[Baixar]
|
[Máis información] |
Galego21 |
Bloc
de Notas para o Windows 2000 |
Non hai comentarios
sobre este archicoñecido editor de arquivos en formato 'Texto'. Instala unha versión en
galego e goza del. Traducción feita por José M. Alarcón Aguín. A instalación de
Galego21 instala o programa nun directorio aparte, e para executalo tes que ir ao
directorio e executalo (ou mellor, crear un acceso directo dende o escritorio). Tamén
podes substituír o Bloc de Notas de Windows,cambiándolle o nome a este arquivo por
'Notepad.exe' e o copiándoo a 'c:\winNT' e máis a 'c:\winNT\system32'. |
[Baixar] |
|
Galego21 |
Windows
Commander 4.51 (Windows 95/98/NT/2000) |
Mellora a xestión de
arquivos, directorios e unidades con respecto ao Explorador de Windows con este fabuloso
programa. Con el poderás dispor de todas as utilidades que proporciona o explorador de
Windows amais doutras como as seguintes: Cliente FTP integrado, Compresor/descompresor ZIP
incorporado, capacidade para separar arquivos e volvelos unir, comparar arquivos por
contido, sincronizar directorios e subdirectorios, e moitas utilidades máis moi doadas de
configurar .
O programa é Shareware, isto é, para dispor de
todas as súas utilidades por un tempo indefinido, debes rexistrarte. No caso de non
facelo poderás dispor dunha versión reducida deste.
A traducción esta feita por Andrés León Prieto
que non pertence na actualidade ao proxecto Xis.
Para ter máis información podes ir á páxina do
Windows commander premendo na ligazón que che proporcionamos abaixo.
Para instalalo terás que baixar a versión
orixinal (dentro da sección 'Download') e para actualizalo en galego debes ir á sección
'Addons' dentro de 'Aditional Languages' |
[Baixar] |
[Máis
información] |
Andrés León Prieto |
Motherboard
Monitor 5.01 (Windows 95, 98, ME, NT, 2000) |
O Motherboard Monitor emprégase para
monitorizar varios parámetros do ordenador (rpm dos ventiladores, temperaturas da placa
nai e do procesador, voltaxes,etc.). Este programa é moi usado pola xente que se
dedica a forza-lo reloxo da placa (overclocking) e por aquelas persoas que gustan
de controla-los miolos do seu equipo.
A traducción foi feita por Carlos Fco. Andión. |
[Baixar] |
[Máis información] |
Galego21 |
|
CplusWin 3.53 (Windows 95/98/NT/2000)
|
|
CplusWin é un conversor de
bandas de 12.8 Khz. Pódese comprobar o seu funcionamento sintonizando
Canal+ no teu ordenador e descodificando o sinal de audio. Para
ter máis información tan só debes de ir á páxina dos autores deste
programa en http://members.nbci.com/_XMCM/cpluswin/index.html.
Galego21 e o proxecto Xis non se responsabilizan
do uso indebido ou fraudulento deste programa, e tan só proporcionamos
a traducción ao galego deste programa.
|
|
[Baixar]
|
[Máis información]
|
Galego21
|
|
AllApi (Windows 95/98/NT/2000)
|
|
AllApi é ferramenta de programación
excelente para os programadores de Visual Basic que precisen empregar
as APIs de Windows. Trae ademáis das declaracións exemplos de
código, explicacións, un chat en vivo sobre o tema, etc...
A traducción foi realizada por José M. Alarcón
|
|
[Baixar]
|
[Máis información]
|
José M. Alarcón
|
|
WinRar 2.71 (Windows 95/98/NT/2000)
|
|
WinRAR é a versión para Windows do compresor RAR, unha
ferramenta moi poderosa que che permite crear, manexar e controlar
arquivos RAR e ZIP, estes últimos cunha ratio de compresión
superior ao famoso WinZip.
Esta ferramenta é necesaria para calquera que traballe
con ficheiros.
|
|
[Baixar]
|
[Máis información]
|
Galego21
|
|
|