|
|
Introdución
Para máis información verbo do RegCleaner,
vai á sua web en http://www.verkkotieto.fi/jv16/
Limpa o rexistro para que o teu PC vaia moito mellor.
Regcleaner é un programa sinxelo de usar que che permite eliminar
facilmente as entradas xa vellas do rexistro que foron creadas por programas
que hai séculos que non usas. Non é como outros programas
que limpan o rexistro. Regcleaner busca os nomes dos ficheiros no rexistro,
e se o ficheiro xa non existe borra o valor do rexistro correspondente.
A diferencia dos demais, Regcleaner mostra a lista de programas que están
presentes no rexistro e permite eliminalos só activando os cadros
anexos ao nome do programa. Tamén pode desinstalar aplicacións
como o farías dende o panel de control, ou facer unha comprobación
de arquivos non existentes e limpeza automática do rexistro.
Ver pantalla de mostra.
¿COMO BAIXALO E
INSTALALO?
-
Debes instalar a versión orixinal premendo aquí.
Tamén podes ir á páxina do autor para baixar a última
versión.
-
A continuación debes baixar a instalación do idioma galego
premendo aquí, e seguir
as instrucións que aparezan na pantalla.
|
|