Información sobre o Opera 5.12
¿Que é o Xis?
¿Como participar?
Área de traballo
¿Quén somos?
Software dispoñíbel
Ligazóns de interese
Galego21
O Opera é unha aplicación que integra un navegador Web, un cliente de correo e un cliente de novas. Esta aplicación ata hai pouco era só de pago, pero agora tamén se distribúe de xeito libre. 

Podes obter máis información na páxina oficial www.opera.com 

Imos describir algunhas das súas características. 
 
 

Interface: a intituitividade de cara ao usuario
 

É unha das grandes bazas a favor do Opera fronte a calquera navegador do mercado. Unha interface atractiva, sinxela e actualizada ao máximo. O Opera sorprende desde o principio: incorpora múltiples opcións web. Unha das principais diferencias en relación con outros navegadores é o espacio de pantalla que utiliza: ten unha barra de navegación propia, á marxe da de Windows e, se sumamos isto a que a versión gratuíta do Opera incorpora unha enorme tira de publicidade, o espacio redúcese. Sen embargo, ofrécenos opcións para diminuír o tamaño das iconas facendo desaparecer as indicacións textuais –igual ca no Explorer–, co cal gaña espacio. Está realizada de tal maneira que, minimizando a barra de Windows, podemos esquecernos do resto de aplicacións e navegar independentemente. 
 

O Opera é detallista ao máximo: indicador de hora, indicador do tempo que tarda en cargar a páxina, segundeiro, indicador de bytes que leva cargados, porcentaxe de páxina cargada... e todo iso acompañado cunhas iconas de corte moderno e colorista. O Opera sabe que ten que atraer ao usuario visualmente. Na interface, por exemplo, podemos visualizar a vista preliminar de impresión, cargar páxinas sen imaxes, engadir cifraxe, zoom (moi útil), activar o documento no modo de usuario, e unha ferramenta moi apreciada: procura. Cunha simple palabra, podemos buscar en Altavista, Google, Domain Name, libros, MP3... 

É un navegador que pensa en todas as opcións que poden pasar pola mente dun internauta, sobre todo daquel que non quere perder tempo. 
 
 

Produtividade
 

O Opera gáñalles en velocidade aos seus competidores. O navegador pesa pouco menos de 2 megas na súa primeira descarga (sen a máquina de Java, con ela 9Mb). E tras instalar Java, a penas chega aos 10 megas. Hoxe en día, a rapidez é unha chave, un obxectivo. Por iso, desde o Opera indícannos os tempos: porque saben que son escasos. As páxinas non se cargan por capas, senón dunha vez. Aínda que a opción do scroll fai que desapareza a pantalla completa,  non é moi utilizada. O Opera emprega a maior parte dos seus recursos en cargar miniaplicacións Java para o seu funcionamento, co que reduce o peso do motor da aplicación e das utilidades accesorias. Está totalmente integrado con noticias, correo e mensaxería instantánea a través de, unicamente, o ICQ. E, para gañar en velocidade, incorpora unha opción sorprendente na interface: permite que o web que buscamos ou non cargue as imaxes, ou cargue as que xa temos predefinidas –se vimos o web antes e gardamos os seus programas-espía–, ou ben que as cargue todas, actualizando as novidades. Tamén posúe un apoio de xanelas múltiple. 

Contido
 

O Opera é un dos poucos navegadores do mercado, e do software en xeral, que proclama a súa fiel adopción dos estándares de Internet, o World Wide Web Consortium, as regras que se pensaron cumprir cando nacía a Rede. A súa ligazón Javascript é total. E incorpora todas as súas ferramentas e potencialidades. O Opera non soporta a linguaxe minoritaria Active X nin o estendido Visual Basic Script, aquelas que si emprega Internet Explorer. Isto ás veces é interpretado polos usuarios como pequenos erros do Opera, cando a razón principal é que moitos deseñadores e programadores crean os seus webs pensando no navegador maioritario, Explorer, en Visual Basic, e outros descoñecen esta linguaxe e descolocan os elementos. 
 
 
 
 

¿COMO BAIXALO E INSTALALO?

Asinamos un convenio con Opera Software, polo cal Galego21 convértese no fornecedor oficial das versións de galego do navegador. Isto implica que as traducións estan validadas oficialmente por Opera Software, e contan cos controis que aseguran a súa calidade e o funcionamento da aplicación.

Podes baixar a versión 5.12 dende o noso servidor:

Tamén podes descargalo dende a páxina de Opera.

Unha vez descargado tan só tes que seguir as instrucións de pantalla. Esta totalmente traducido, coa axuda e a instalación.