|
|
Introdución
Para mais información verbo do Netvampire, vai
á sua Web en www.Netvampire.com
.
Podes aprender como funciona, despois de realizar toda
a instalación, escollendo a opción de 'Axuda| Manual de usuario..'
ESTÁ COMPLETAMENTE EN GALEGO e indica como sacar o mellor proveito
deste estupendo programa.
¿COMO
BAIXALO E INSTALALO?
-
Debes instalar primeiro a versión inglesa do Netvampire 3.3. Se
aínda non o tes (podes atopalo en calquera cd de revistas de informática),
podes baixalo dende aquí.
-
Unha vez baixado, debes executar o '.exe' e seguir as instrucións
da pantalla. Unha vez instalado executa por primeira vez o programa; vaiche
pedir información túa para que os autores saiban que tipo
de usuario traballa co programa. Se non queres non contestes ás
preguntas. Cando remates, pecha o programa e pasa ao punto 3.
-
Unha vez instalado cómpre que instales o paquete de lingua galega.
Para iso debes baixar esta instalación
automática.
-
Executa o arquivo que acabas de baixar e le atentamente as instrucións
que figuran na pantalla de comezo da instalación, xa que nesa pantalla
indica con todo detalle como realizar a instalacción de maneira
correcta.
-
PARA APRENDER A MANEXALO E A SACARLLE TODO O PARTIDO, acude á
opción 'Axuda|Manual de usuario...'; esta dispoñíbel
en galego na súa totalidade.
|
|