|
|
O Mozilla é o proxecto internacional capitaneado por Netscape, para construír
unha aplicación de Navegación por Internet totalmente de
balde e con filosofía de código aberto, totalmente configurábel
e modificábel por todo aquel que o desexe.
O Xis 6 será a versión definitiva do Mozilla, do que xa
se editou a primeira revisión do Netscape 6. Nós estamos
traballando arreo para que despois de que se anuncie a versión definitiva
internacional, os galegos teñamos unha versión no noso idioma.
¿Que ten de novo?
O Mozilla foi escrito de novo, incorporando técnicas avanzadas
de programación orientada a obxectos. Este novo produto incorpora
total compatibilidade cos estandares HTML4, CSS, XML, RDF, etc.
Non cabe dúbida de que será unha autentica revolución
no campo dos navegadores, xa que xunto a esta nova tecnoloxía, e
á incorporación de todos os estandares máis avanzados,
ten como característica a total personalización de todos
os seus elementos.
Premer na imaxe para ver unha mostra.
¿COMO BAIXALO
E INSTALALO?
Para plataformas Windows
-
Debes baixalo premendo aquí.
-
Para instalar só tes que executar o arquivo que acabas de baixar.
Este lanzará un proceso de descompresión, e proporá
crear un novo subdirectorio chamado 'c:\MozGal'. Se se quere pódese
escoller outro directorio. En todo caso para lanzar o programa deberemos
ir onde fose instalado e executar o programa 'mozilla.exe'.
Para Linux
En breve teremos unha versión para Linux
|
|