|
Motherboard Monitor 5 é
un programa freeware, que permite monitorizar distintos parámetros
do Pc. Así podes ter un control das temperaturas da placa
base e do procesador, controlar as r.p.m dos ventiladores
do Pc (caixa, procesador e fonte de alimentación) e controlar
a voltaxe. Tamén permite facer soar unha alarma cando calquera destes
parámetros sobrepase os límites establecidos na configuración
do programa e podes configuralo para que cando salte a alarma mande automaticamente
un correo electrónico que inclúa todas as lecturas feitas
polo programa (moi util para os administradores de sistemas xa que recibirán
un correo de aviso en canto falle calquera parámetro nun Pc e así
non teñen que estar comprobando persoalmente cada Pc ). Este programa
é de moitisima utilidade para todas aquelas persoas as que lles
guste ter baixo control o que pasa dentro do seu ordenador e sobre todo
para os amantes de forzar o procesador para sacarlle o máximo rendemento
(overcloking). Precisamente este é o programa mais usado
polos overclokers para comprobar o funcionamento correcto do procesador
nas súas probas.
O Mbm está en continua revisión. Con cada nova revisión
inclúense características novas e soporte para novas placas
e chips. Cada revisión do Mbm tamén inclúe a tradución
ao galego e a outras linguas.
Para obter máis información ou descargar a ultima
versión do programa e arquivos de linguas, vai á páxina
web do autor:
http://mbm.livewiredev.com/
A tradución do Motherboard Monitor fíxoa Carlos
Fco. Andión López.
Requisitos
-
Windows 95/98/98Se/Me/NT4/2000
-
A placa base ten que ser compatíbel co programa. O programa ten
que ser capaz de recoñecer os chips encargados de monitorizar os
distintos parámetros. Para saber se a placa base é compatíbel
vai á páxina web do autor, onde aparece unha lista das placas
soportadas polo programa e o nome dos chips que se encargan de monitorizar
os distintos parámetros. Para poder monitorizar as r.p.m dos ventiladores
estes deben ter a capacidade de control de r.p.m (os ventiladores que permiten
o control de r.p.m teñen unha conexión á placa base
de tres fíos, dous de alimentación e o terceiro de control
de r.p.m). Se a placa base é de fabricación moi recente e
aínda non está soportada, posibelmente nas seguintes revisións
do programa xa estará soportada.
Características
-
Control da temperatura da placa base.
-
Control da temperatura dos procesadores (permite controlar placas duais).
-
Control das r.p.m dos ventiladores da caixa, do procesador e da fonte de
alimentación.
-
Control das voltaxes.
-
Visualización das temperaturas na barra de tarefas.
-
Alarmas para os distintos parámetros monitorizados.
-
Posibilidade de mandar correo electrónico cando se active calquera
alarma ou a intervalos de tempo.
-
Lanzador para outros programas cando calquera dos parámetros monitorizados
alcanze o valor establecido, por exemplo, o SHDN, o CpuIdle, o Rain.
-
Interfaz traducíbel
-
Soporte para unha grande variedade de placas e chips.
Capturas de Pantalla do Mbm
Imaxe da xanela da Consola (Calcar na imaxe para ampliala)
Imaxe da Barra de Tarefas
Imaxe da xanela de Configuración
¿Como
baixalo e instalalo?
-
Para baixalo debes ir á sección de descargas da páxina
do autor premendo aquí.
-
Dende esta sección descargas o programa (Mbm5.exe). Para instalar
só tes que executar o arquivo que acabas de baixar e seguir as instrucións
que aparecen na pantalla.
-
Dende a mesma sección descargas o arquivo Mbm5Language.exe. Para
instalalo só tes que executar o arquivo que acabas de baixar e seguir
as instrucións amosadas na pantalla. Este arquivo contén
os documentos que traducen o Mbm ás distintas linguas, entre elas
o galego.
-
Debes reiniciar o Pc para que o programa poida funcionar.
- Unha vez reiniciado executas o programa dende o menú de inicio.
Entón aparecerá na barra de tarefas a icona dun chip. Premes
co botón dereito do rato na icona e elixes o menú "Settings".
Entón ábrese a xanela de configuración do Mbm e na
opción "General" escolles a lingua na que queres ver o Mbm, neste
caso o galego.
|