|
|
LeechFTP é
un cliente FTP de distribución libre para Windows. Ademais de poder
descargar arquivos usando o protocolo FTP, pode facelo co protocolo HTTP.
¿Como traballa?
O elemento máis importante do LeechFTP é a Cola de Traballos:
Cando vostede decida descargar ou cargar o arquivo, os arquivos non se
transfiren de xeito inmediato.
En cambio, toda a información sobre a descarga gárdase na
Cola de Traballos. Todas as actividades como descargar, cargar ou explorar
directorios son considerados traballos e procésanse un detrás
doutro. O procesamento é levado a cabo por fíos de procesamento
independentes, de xeito que vostede poida continuar navegando polos cartafoles
ou conectarse a outros servidores. Cada fío de execución
conéctase ao seu correspondente servidor e comeza a procesar os
ítems na cola. O máximo número de fíos de execución
está limitado na actualidade a 16. O uso de fíos de execución
optimiza o uso do procesador, de xeito que vostede poida executar varias
transferencias simultáneas.
Vantaxes
-
Multidescargas: Cada transferencia execútase nun fío
de execución separado, facendo o mellor uso do tempo do procesador
-
Transferencia simultánea de arquivos múltiples, aínda
dende diferentes servidores.
-
Proba integrada de arquivos para arquivos ZIP e RAR descargados.
Avisa de que despois de descargar arquivos corrompidos ou truncados, os
contidos destes tamén se poden ver.
-
Descarga HTTP: Descarga arquivos dende servidores web especificando
o URL
-
Soporte de URL: Pode usar URLs para descargas e conexións
-
Continuar transferencias detidas:As descargas e cargas FTP e HTTP
poden continuarse (se o permite o servidor).
-
Continuación intelixente: Cando continúa unha descarga
FTP, LeechFTP comproba se o arquivo que se quere descargar corresponde
a un arquivo local. Se non é así, o arquivo remoto é
descargado dende o comezo. Isto evita continuar a descarga de arquivos
incorrectos.
-
Soporte de Proxy: LeechFTP soporta os servidores proxy para descargas
FTP e HTTP.
-
Transferencia de árbores completas de cartafoles: Transfírense
todos os arquivos e subcartafoles que haxa nun cartafol; traballa coas
descargas e as cargas de arquivos.
-
Temporizador da cola de traballos: Pode usarse para poñer
na cola transferencias e executalas nun tempo determinado. Isto pode ser
útil se desexa facer descargas ou cargas de arquivos sen prestarlle
atención.
-
Descarga URL: Descargue arquivos doadamente especificando un URL
válido
-
Conexión rápida: Conectar aos servidores ftp especificando
un URL válido
-
Interface para FTPSearch: Pode usalo para atopar doadamente arquivos
nos servidores ftp en todo o mundo.
-
Soporte de Drag & Drop
-
Monitoreo do portarretallos: Se desexa transferir rapidamente URLs
dende o seu navegador web ao LeechFTP, pode activar a opción de
monitoreo do portarretallos; cando un URL válido está nel,
o arquivo engádese á cola de traballos.
-
Os atributos dos arquivos nos servidores UNIX poden cambiarse doadamente.
-
Límite de velocidade: Ás veces pode querer que o programa
non utilice toda a velocidade posíbel de transferencia da súa
conexión, polo que pode especificar a velocidade límite de
cada un dos fíos de execución.
-
Borrado recursivo de estruturas de cartafoles.
-
Marcadores: Permite ter unha axenda persoal das conexións
máis frecuentes que realices, para non ter que lembrar de cada vez
as claves e códigos de conexión.
¿COMO BAIXALO
E INSTALALO?
-
Debes baixalo premendo aquí.
-
Para instalalo tan só tes que executar o arquivo que acabas de baixar
e seguir as instrucións da pantalla.
|
|