|
|
O Install Maker
é unha ferramenta que permite crear instalacións para aplicacións.
Algo totalmente imprescindíbel para calquera programador ou compañía
de creación e/ou distribución de software. O que temos
aquí non é a tradución do programa, senón a
adaptación do programa para que xere instalacións en galego.
Á hora de crear unha instalación imos poder selecionar o
idioma, e polo tanto poderemos escoller o noso idioma. Para máis
información, ou para baixar a última versión, vai
ás suas páxinas en http://www.clickteam.com/
Ver mostra da pantalla.
¿COMO BAIXALO
E INSTALALO?
-
Debes instalar primeiro a versión inglesa do Install Maker. Se aínda
non o tes, podes baixalo dende as súas páxinas ou dende aquí.
-
Unha vez instalado debes buscar o directorio onde o instalaches, ir ao
subdirectorio chamado 'Templ' e extraer nel o arquivo chamado 'Galego.txt'
que se atopa neste zip que podes baixar dende aquí.
Esta tradución foi feita por José M. Alarcón Aguín.
|
|