|
|
Ola e benvid@ ao sitio
do Proxecto Xis. Supoñemos que chegaches ata aquí sabendo algo de nós e
que pretendes ampliar a túa información; ou se cadra, estás procurando
algún programa en galego, ou quizais queiras colaborar connosco, ou
sinxelamente chegaches por casualidade e estarás preguntándote quén
somos.
Imos supoñer en principio que non
sabes o que é o noso proxecto, ou que tes unha referencia moi
difusa.
O noso proxecto ten como obxectivo a traducción
de programas informáticos ao galego, software
de balde ( freeware ), de distribución libre de código ou
incluso, de cando en vez, programas para probar ( shareware).
En todo caso o obxectivo principal é crear, organizar e manter un
grupo de persoas dispostas a ofrecer parte
do seu tempo e dos seus coñecementos, ou institucións
dispostas a ofrecer algo dos seus recursos, para conseguir termos
programas en galego de distribución totalmente gratuíta.
No noso sitio podes obter información de cómo participar no proxecto, ou descargar aqueles programas
e aplicacións que xa temos ao dispor de quen queira obter totalmente de
balde software en galego.
Só nos queda animarte a participar connosco naquelas
cousas nas que consideres que podes botar unha man.
|
|