|
|
Podese participar
no Xis de varias maneiras dependendo de se es un/unha voluntari@, unha
institución ou empresa, un Webmaster ou un internauta. Mira nesta sección
como podes facer para axudarnos:
Para persoas Voluntarias:
No XIS ten cabida todo o mundo, sexa especialista
ou non , tan só tes que ver a qué área te podes adaptar mellor de entre
as que che propoñemos. No caso de que queiras formar parte deste proxecto
aberto manda un e-mail coas túas carácteristicas persoais ou profesionais
que sexan de interese para a túa participación a xis@galego21.net
Especialidade técnica
Especialistas en informática, preferiblemente - aínda que non é imprescindible - con coñecementos
de C++, JAVA, DELPHI, XML, etc.., de Internet en xeral ou telecomunicacións.
Deseño gráfico e deseño HTML- WEB
Expertos en deseño, xente que saiba debuxar con ordenador e/ou con experiencia
na linguaxe HTML. Encargarase de facer deseños de logotipos e outro tipo
de necesidades de deseño gráfico para os nosos proxectos. No caso de ter
experiencia en HTML pódese axudar encargándose de deseñar
e manter paxinas WEB destinadas a informar do proxecto, invitar á xente
a participar e indicarlles cómo facelo, etc... 
Lingüística e tradución
Especialistas na lingua galega, con dominio do inglés preferibelmente
(non imprescindibel). Nestes momentos precísanse traballos de tradución
propiamente dita (sentar diante do ordenador e traducir) e tamén apoio
e asesoramento terminolóxico.
Probadores e Traballo de apoio
Nesta área estará toda aquela xente que non se pode incluír nas áreas anteriores por
distintas razóns. Básicamente consistirá en:
- Ser probador de versións beta: Traballarán coas versions de proba que se vaian
elaborando, co obxectivo de detectaren malos funcionamentos do programa e nolos
reportaren, depurando así os erros que poidese haber.
- Apoio Loxístico: Persoas encargadas de poñerse en contacto
cos medios de comunicación (xornais, radio, etc..) para darlle publicidade
ó proxecto, así como para ir informando dos avances que se
produzan no mesmo.
Se a ti se che ocorren outras áreas ou ves que
podes achegar algo que non che propuxemos en ningunha das áreas mencionadas,
dínolo, e así tamén iremos mellorando a nosa organización.
Para Institucións ou empresas:
Todos os nosos esforzos precisan de apoio tecnolóxico,
económico e loxístico. Se representas unha institución ou empresa
pódesnos axudar do seguinte xeito:
- Empregando os nosos productos na túa institución ou empresa
- Achegando algunha contribución económica.
- Fornecendo algun apoio en material, telecomunicacións, etc... cos
que traballe a túa empresa
- Achegando algunha colaboración a nivel de recursos humanos da túa
institución.
- Difundindo ou prestando outro tipo de apoio aos nosos proxectos.
Contamos cunha institución perfectamente legalizada como 'organización sen animo de lucro' con capacidade
para asinar todo tipo de convenios de colaboración.
Todas as institucións e empresas colaboradoras figurarán como tales en
todas as distribucións do noso software e ademais figurarán na nosa páxina
de colaboracións. Envíanos
un correo electrónico a xis@galego21.net.
Para WebMasters:
Podes axudarnos poñendo unha ligazón nas páxinas
que manteñas inserindo un dos seguintes banners:
http://www.galego21.net/xis
http://www.galego21.net/xis
Para Internautas en xeral:
Podes axudarnos dunha das seguintes maneiras:
- Empregando os nosos productos na túa institución ou empresa
- Falando do noso proxecto e difundindo a nosa Web en grupos de novas (news), foros de chats, listas de correo, etc...
- Asinando os teus correos cunha mensaxe de promoción do noso proxecto,por
exemplo:
"---------------------------------------------------------------------------------------------------------------"
"Eu traballo con software en galego. Atópao no Xis (www.galego21.net/xis)"
|
|