|
Neste páxina atoparás información útil
sobre como colaborar có proxecto Ravachol. Sempre que poidas,
intenta seguir estas indicacións para que as túas
colaboracións se vexan reflexadas o máis rápido
posible na páxina e os nosos visitantes poidan desfrutar
delas.
¿En que podo colaborar?
Idiomas e normativas
Dereitos de autor
¿Como vos envío un artigo?
¿Como vos axudo coa páxina dun grupo?
Tedes un erro...
¿E a mediateca? ¿Como colaboro?
Colaborar con outro tipo de información
Outros xeitos de colaborar
¿En que podo colaborar?
Interésanos calquer cousa relacionada cá música
galega, tanto folc como tradicional. En xeral a temática
da páxina abrangue só a estes dous tipos de música.
Na sección de artigos tamén aparecerán temas
relacionados, coma a vestimenta tradicional ou a danza.
Non se publicarán textos, concertos, ligazóns, etc.
que fomenten, promocionen ou defendan as bandas de gaitas marciais
e os diferentes aspectos das mesmas. Evita, polo tanto, enviar este
tipo de cousas.
Todo o que queiras facernos chegar, envíanolo a ravachol@ravachol.org.
Podes enviar artigos, prepara-la información de algún
grupo, revisa-la lista de concertos, advertirnos dalgunha nova...
Así mesmo podes indicar erros técnicos (ligazóns
rotas, páxinas que se ven incorrectamente, etc.) ou de contidos.
Tamén aceptamos suxerencias que axuden a mellora-la páxina:
novas seccións, milloras no deseño ou estructura da
páxina.
Lee a continuación para máis información sobre
cómo achegarnos a información.
Idiomas e normativas
Como norma xeral, toda a información publicarase en galego.
No caso dos artigos, se o orixinal xa está nesta lingua,
publicarase na normativa na que está escrito. Noutro caso,
traducirase ó galego, aínda que tamén se publicará
o orixinal.
Dereitos de autor
O enviarnos artigos ou fotografías, indicade o autor sempre
que sexa posible. Indicade tamén se tedes permiso para publicalo.
No caso contrario, tentaremos conseguilo. Para aqueles traballos
dubidosos, publicaremos só un extracto. Non se publicarán
traballos íntegros de gran lonxitude sen o permiso expreso
do autor. As imaxes publicaranse só en formato pequeno.
¿Como vos envío un artigo?
No caso de que desexes que publiquemos un artigo, lembra especificar
onde e cando se publicou. No caso de non ser ti o autor do documento,
asegúrate de que a súa publicación en internet
está permitida.
Podes envialo en calquer formato máis ou menos común
(arquivo de texto, documento de Microsoft Word, páxina web...)
Se tés fotos ou debuxos que ilustren o artigo podes adxuntalos
ó teu envío, indicando se queres unha descripción
ou indicación a cada foto. Procura que teñan unha
certa calidade.
¿Como vos axudo coa páxina
dun grupo?
De cada grupo poñemos sempre a mesma información:
historia do grupo, músicos que traballaron nel, discografía
(o máis completa posible) e información de contacto
(discografica ou similar). De cada disco procuramos pór a
lista dos temas que o compoñen, a súa duración,
a letra no caso da que a teña e tres ou catros arquivos mp3
de 20 segundos cada un que sexan representativos dentro do disco.
Outros formatos (wav e midi) serán apreciados. Tamén
incluímos de cada disco outros datos, a portada a tamaño
200*200 e algunha foto da formación no momento de graba-lo
disco.
Se non tes toda esa información, non te preocupes: envía
o que teñas e nós a completaremos.
Tedes un erro...
Dinos onde nos equivocamos e correxirémolo na seguinte actualización
desa sección en concreto. Hai seccións que se actualizan
a míudo. Noutras pode pasar máis tempo ata que os
cambios se vexan en Internet. En calquera caso, as túas correccións
non caerán en saco roto.
¿E a mediateca? ¿Cómo
colaboro?
Envía coma sempre os teus arquivos o enderezo de correo
electrónico de Ravachol. Indica o título e o autor
da peza no caso de que o teña. Asegúrate tamén
que a composición non ten dereitos de autor ou que tes permiso
para publicala.
Colaborar con outro tipo de información
Podes enviar enderezos de páxinas para que aparezan na sección
de ligazóns, bibliografía, datos sobre artesáns
e obradoiros, etc. É posible crear unha sección para
a información que nos fas chegar que non ten cabida noutras
partes da páxina (por exemplo, locais ou tendas de música).
Outros xeitos de colaborar
Podes axudarnos a traducir textos, sexa de castelán a galego
ou de galego a castelán. Tamén podes correxir as traduccións
realizadas.
Nun futuro existe a posibilidade de traducir algún artigo
a outros idiomas como o francés ou inglés.
Noutro senso, as túas ideas sobre como millora-la páxina
tamén son benvidas, aínda que dependerán do
traballo que teñamos entre mans.
|