|
Primeiro, benvid@ ao Proxecto Ravachol. Nesta páxina atoparás
información relacionada co proxecto. Se queres saber algo
que non se atopa nesta páxina, non dubides en escribirnos.
Lee máis abaixo cómo porse en contacto connosco.
¿Que é o Proxecto Ravachol?
¿Por que Ravachol?
¿Canto costa descargar o que atoparei
nesta paxina?
¿Como fago para descargar un ficheiro
dispoñíbel?
¿Quen anda metido neste proxecto?
¿Quen patrocina Ravachol?
¿Que é galego21.net?
¿Como podo axudarvos?
¿Como contactar convosco?
¿Que é o Proxecto Ravachol?
Trátase dun proxecto que ten como obxectivo crear unha base
de datos sobre a música galega, recompilando nela textos
e música tradicional, así como informacións sobre diferentes
grupos (historia, discografía, textos e música), e poñelas en libre
acceso no Internet, para que a xente poida consultar cando queira.
Para nós a cultura ten que ser accesíbel a todo o mundo.
¿Por que Ravachol?
En homenaxe ao loro mais famoso de Pontevedra. Ravachol era o loro
que o gaiteiro Perfecto Feijóo tiña na sua farmacia. Cando este
estaba no piso superior da tenda ocupabase Ravachol de avisar "Don
Perfeuto, xente na tenda!" ou "Don Perfeuto, parroquia!", isto cando
non descargaba o seu bagaxe de términos que aprendera nun cuartel
ou ben un "bárbaro" durante o sermón celebrado no adro da Peregrina.
A xente aproveitaba cando compraba unhas pastillas de goma para
vir falar un pouco co animaliño. O loro morreu 26 de xaneiro 1913
(un luns de carnaval). Un grupo de humoristas conveño en preparar
uns funerais pra o animal, unha idea que foi moi ben acollida po-la
xente de Pontevedra. (mais información no libro Aires da Terra de
José Luis Calle)
¿Canto costa descargar o que
atoparei nesta paxina?
Nada. Todo o que está dispoñíbel nesta paxina podese descargar de
balde.
¿Como fago para descargar un ficheiro
dispoñíbel?
É doado. Basta con facer click enriba do nome ou da imaxe
correspondente ó ficheiro que queres. Para salvalo no disco
duro fai click có botón dereito do rato e selecciona "Grabar
como..." ("Save as..."). Se desexas guardar unha páxina
enteira vai o menú do teu explorador e selecciona "Archivo"/"Grabar
como..." ("File"/"Save as...")
¿Quen anda metido neste proxecto?
No proxecto colabora moita xente. Os seus coordenadores son: Xoan
G., Paulo Vázquez, Xurxo Fresco e Xurxo-Adrián Entenza.
¿Quen patrocina Ravachol?
O proxecto mantense gracias a hospedaxe de galego21.net.
pero ninguén patrocina económicamente.
¿Que é galego21.net?
Galego21 é unha organización sen fins de lucro, co obxectivo
de organizar o desenvolvemento, traducción e espallamento de programas
informáticos en galego usando Internet como medio. Deste xeito pretendemos
incidir na normalización efectiva do uso do galego no eido da informática.
Máis información en www.galego21.net
¿Como podo axudarvos?
Se queres colaborar con nós pode facelo de diversos xeitos:
- Podes mandarnos documentos, imaxes, etc. para completar estas
paxinas
- Pode comentarnos erros ou omisións.
- Falando de nós aos teus amigos, colegas, familia, etc...
Podes atopar información máis polo miúdo sobre
como colaborar aquí.
¿Como contactar convosco?
Se desexa comunicarse connosco escriba a ravachol@ravachol.org
|