Ravachol
Actualizado: 31/12/2003

 

 

 

 
NOVAS

Últimas novas

 
 

TRES DISCOS GALEGOS NA LISTA DE FROOTS DE NADAL

27/12/2003

"Ajrú" de Mercedes Peón, "Madama" de Leilía e "Marmaludas" do grupo belga Ialma aparecen na revista fRoots coma uns dos dez mellores discos do més.

Aquí tendes o taboeiro completo:

1) Mercedes Peón: Ajrú
2) Corey Harris: Mississippi To Mali
3) Amparanoia: Enchilao
4) Pete Morton: Swarthmoor
5) Culture Musical Club: Waridi
6) Leilía: Madama
7) Ialma: Marmaludas
8) Faytinga: Eritrea
9) German Diaz: El Sueter De Claudia
10) Mostar Sevdah Reunion: A Secret Gate

 

PRESÉNTASE 'PANO DE SEDÁN'

23/12/2003

O próximo sábado, dia 27 de Decembro, presentase o agardado libro/disco "De Pano Sedán - Obras para Gaita" no programa radiofónico "Lume na Palheira" de Emilio Españadero, na Radio Galega.

'Pano de Sedán' reúne textos, fotos e música de doce dos mellores e máis prestixiosos gaiteiros e compositores galegos da actualidade:: Magoia Bodega, Ernesto Campos, Pablo Carpinteiro, Xaime Estévez, Juanjo Fernández, Xosé Manuel Fernández, Pablo López Torneiro, Xosé Luís Miguélez, Manoel Muxico, Anxo Pintos, Pepe Romero e Susana Seivane. Tamén publicaranse as últimas composicións da anterior edición de 'Doce Polainas Enteiras' pubicado por Edicións do Cumio.
O lanzamento do libro terá lubar o día 29, as oito da tarde no "Café Moderno", na Praza de San Xosén, en Pontevedra.

Máis datos: Noticas en Gaita de Foles

 

XOSÉ MANUEL BUDIÑO EN TVE1

07/12/2003

Ide mercando unha cinta de video! Xosé Manuel Budiño presentará o seu último traballo o 1 de Xaneiro 2004 as 00:10 horas na primeira de TVE.

O tema pra o video promocional foi gravado durante iste mes de novembro en Fisterra polo estudo Casa de Tolos nunha casa de turismo rural.

 

HOMENAXE OS GAITEIROS AFOGADOS NO RÍO ULLA HAI TRINTA E CINCO ANOS

04/12/2003

A tráxica historia dos gaiteiros afogados no río Ulla, a noite de Santiago Apóstolo no ano 1968. é o derradeiro episodio da historia musical da parroquia de Piloño. Tras este suceso, transcurriron trinta e cinco anos de silencio folclórico...

Fundación Casa Museo "A Solaina" Piloño, a 17 de Novembro 2003.

Apreciados amigos:
A tráxica historia dos gaiteiros afogados no río Ulla, a noite de Santiago Apóstolo no ano 1968. é o derradeiro episodio da historia musical da parroquia de Piloño. Tras este suceso, transcurriron trinta e cinco anos de silencio folclórico.
Con tal motivo da Xuntanza de Forxadores, unha homenaxe o sábado dia 13 de decembro de 2003 como lembranza ós musicos desaparecidos en concreoto, e á música popular en xeral.

Os actos comenzarán ás 18.00 horas co seguinte programa:
-Concentración de forxadores e gaiteiros.
-Presentación do libro da VI forxa literaria.
-Sorteo dunha escultura de "Willi" entre os forxadores.
-Historia do acontecido a cargo de Xabier Vázquez Parcero.
-Descuberta dunha talla en pedra na lembranza dos gaiteiros.
-Interpretacións musicais dos músicos que se sumen ó acto.
-Convite con tódolos asistentes.

A fundación "A Solaina" convidavos a participar da Homenaxe tanto a nivel de grupo ou individual.
Se queredes asistir, podédesvos poñer en contacto nos enderezos que vos indicamos a continuación.
Fundación Casa Museo "A Solaina de Piloño" telef 986586006. mobil 686715796.

 

PRIMEIROS TEMAS DE MOA A MOA, DOS CEMPÉS, EN INTERNET

04/12/2003

Adianto do novo disco disco en directo dos Cempés, a partir do día 5 na Rede.

A partir do dia 5 teredes á vosa disposición un par de temas en mp3 de
Moe a Moa, e extractos de todo-los temas do novo CD de Os Cempés, unha colección de fotos dos dos concertos de Vigo onde se gravou este disco, e unha nova sección de Mp3 curiosos onde destacan a serie a revolución dos escarvadentes no Naseiro de Viveiro, realizada no 1995 alí mesmo.

Máis datos: Páxina oficial de Os Cempés

 

FÍA NA ROCA CEREBRA OS SEUS DEZ

04/12/2003

Para celebralo, o día 7 e 8 gravarán catro concertos en directo con novo mateiral.

O grupo Fía na roca vai gravar o seu próximo disco con catro concertos en directo que terán lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela os días 7 e 8 de decembro de 2003. Con estes concertos cerebran ademáis dez anos de actuacións ao vivo.

Máis datos: Fía na Roca

 

 

SECCIÓNS