Ravachol
Actualizado: 22/05/2003

 

 

 

 
NOVAS

Últimas novas

 
 

O CONCERTO "MAREA DA DIGNIDADE" XUNTARÁ ESTE SÁBADO EN SANTIAGO A TÓDOLOS SECTORES DA CULTURA E DA SOCIEDADE GALEGAS

20/12/2002

O macro-concerto solidario que promove e organiza a Plataforma contra a Burla Negra e que terá lugar este Sábado no Multiusos do Sar de Santiago a partir das 20 horas contará coa presenza, ademais de grupos de folk e rock galegos, dunha importante representación dos mais variados sectores da cultura e da sociedade galega, que participarán no acto esixindo responsabilidades pola mala xestión do Prestige, e unindo os seus distintos berros para protestar pola incompetencia dos nosos gobernantes, que teñen levado o noso país a esta situación catastrófica.


Unha selección da producción audiovisual galega mais comprometida coa traxedia das nosas costas acompañará o espectáculo musical en si, no que intervirán grupos como Siniestro Total, Berrogüeto, Ruxe Ruxe, Mercedes Peón ou Jarbanzo Negro. Unha montaxe audiovisual coordenada por Jorge Coira servirá de contrapunto visual á protesta das gaitas e as guitarras.

Asimesmo, intervirán ao longo do concerto representantes dos máis variados sectores da sociedade galega, amosando que todo o pobo galego está afectado e comprometido pola catástrofe das nosas costas. Intervirán representantes dos percebeiros, como Suso Lista, percebeiro da Costa da Morte e o seu alter ego da ficción, Miguel de Lira, quen tamén representará, xunto a actriz Patricia Vázquez, a Plataforma contra a Burla Negra. Unha mariscadora e mais unha redeira, un representante das confrarias, algún representante dos miles de voluntario e das asociacións ecoloxistas, que loitan estes dias por paliar na medida do posible o dano inferido ao noso mar,levarán tamén a sua voz á Marea Solidaria.

Do mundo da cultura haberá participación de todos os sectores, desde o ensino, representado por un membro do colectivo Area Negra; os xornalistas, as letras, e os actores. Xurxo Souto intervirá polo mundo da música. Tamén a banda deseñada estará representada , asi como o audiovisual, nas persoas de Xosé Castro, Pato e Jorge Coira.

As entradas para asistir ao Macro-Concerto custán seis euros, e o total das recadacións será destinada a financiar as actividades da Plataforma Nunca Mais. As entradas podense adquirir por anticipado nas oficinas de Caixa Galicia ou tres horas antes do concerto na taquilla do multiusos do Sar. Prevese que a entrada será gratuita para os grupos organizados de voluntarios que estean traballando na limpeza das praias.

Contacto: contraburlanegra@vieiros.com
Tlf.: 981 590502

Máis datos: Burla Negra

 

CONCERTO DE CARLOS NÚÑEZ EN BENEFICIO DOS AFECTADOS POLO PRESTIGE

11/12/2002

O vindeiro 13 de decembro, venres, ás 20:30, no Pavillón das Travesas de Vigo, vai haber un concerto de Carlos Núñez en beneficio dos afectados pola marea negra do Prestige e para axudar a cubrir as necesidades urxentes dos voluntarios de limpeza.

Será tamén un acto de solidariedade Galicia-Bretaña, onde a Carlos lle cadrou estar a vivir este desastre. Os músicos bretóns, e os bretóns en xeral solidarizáronse con Galicia dende o primeiro intre, lembrando o que eles viviron hai apenas tres anos co Erika. Moitos deles van desprazarse dende alí con Carlos para participar no concerto. Está confirmada a presencia de Dan Ar Braz, o músico celta máis popular de Francia; Gilles Servat, o grande cantautor da Bretaña máis solidaria, e tamén o lexendario Alan Stivell confirmou a súa vontade vir, pero aínda está tentando liberar esa data que tiña ocupada. Hai ademáis varios bagads (bandas de gaitas e bombardas bretonas) tentando organizarse para vir en autobuses. Haberá tamén moitos músicos galegos que tamén se sumen. Músicos, técnicos, organizadores.. todo o mundo está a traballar desinteresadamente e os gastos que inevitablemente haberá, serán cubertos polo Concello de Vigo, de xeito que a recadación destinarase íntegramente ós afectados.
As entradas custan 10 Euros e poderán mercarse en Teletaquilla de Caixagalicia Tel. 902 43 44 43 a partir do luns. Tamén se habilitará unha "fila cero" para os que non poidan vir e queiran solidarizarse.

Máis datos: Páxina oficial de Carlos Núñez

 

PRÓXIMO DISCO DE FUXAN OS VENTOS: "NA MEMORIA DOS TEMPOS"

02/12/2002

Coincidindo có treinta aniversario da fundación do grupo, o grupo editará nas vindeiras semanas, un disco adicado os romances populares galegos.

O disco conta cun repertorio esencialmente vocal, que reflicte o habitual carácter musical do grupo. Tamén conta con algunha colaboracións. Os músicos convidados máis coñecidos: Rodrigo Romaní, Santi Cibreiro, Liñacera... O disco foi grabado en Lugo e misturado en Florida, EEUU., e verá a luz un chisco antes de fin de ano.

Máis datos: La Voz de Galicia

 

ENTREVISTA A XOAN PIÑÓN (DOA) EN BATONGÁ

02/12/2002

Este mes de nadal, na entrevista gratuíta Batonga, entrevista a Xoan Piñón, que anuncia sorpresas para o vindeiro ano.

Doa, un dos grupos que conformaron a realidade musical deste país durante os anos oitenta e que reaperecían no ano 2000 con Arboretum, reeditarán no ano 2003 dous dos seus discos.
Esta noticia aparece na entrevista que aparece en Batongá, publicación de distribución gratuíta) no que Xoan Piñón fai un repaso o pasado e presenta da formación.
A reedición de traballos antiguos é o único xeito que posuímos algúns para coñecer algúns dos grupos históricos da música galega, así que este tipo de novas son sempre ben recibidas.

Máis datos: Batonga!

 

 

SECCIÓNS