|
| |
|
NOVAS
|
|
|
| |
'O FOLC AGORA', EN VIEIROS.COM
|
|
22/10/02
Vieiros ven de presentar un dossier de artigos sobre a música folc galega. Baixo o título 'O folc agora: entre o aturuxo e a eira do trigo', artigos de opinión sobre un fenómeno e unha historia.
O informe iInclúe unha entrevista con Vítor Belho, director de Nordesía, un informe sobre o estado da cuestión, o caso Do Fol, e o éxito no exterior, ademais dun artigo de Suso de Toro.
Máis datos: Dossier en Vieiros
|
NOVO DISCO DE MUTENROHI EN ABRIL
|
|
22/10/02
Mutenrohi anunciou que publicará o seu quinto traballo discográfico en abril do próximo ano.
|
|
|
|
14/10/02
Luneda, o primeiro disco de Laio, fusiona a música galega ca electrónica
Leandro Deltell, Pablo Pascual, Juan Hernández, Triqui e Pablo Pascual, componentes de Laio junto con Xavier Díaz, presentaron en Santiago o disco có patrocinio da 'Sociedad General de Autores Españoles'. O grupo é coñecido por ser os músicos que grabaron con Xose Budiño os dous primeiros discos do gaiteiro. Pero tamén colleitaron un éxito sorprendente no Canadá, onde levan tempo participando en concertos, festiviais, e onde incluso chegaron a publicar un disco de edición restrinxida titulado 'Como corre o tempo'. Tan restrinxida que está agotado. Laio tentará chegar agora o público galego. O título de disco é 'Luneda' en el se presentan cun estilo no que se mestura entre a música popular galega e as correntes estéticas actuais.
Máis datos: La Voz de Galicia
|
MAIS DATOS SOBRE O CURSO 2002/3 DO CONSERVATORIO DE MÚSICA DE LALÍN
|
|
01/10/02
Abrese o prazo de matrícula do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín ata o 15 de outubro. Para os cursos monográficos, os prazos de matriculación tamén están abertos
Neste novo curso poden xa disfrutar da música galega os nenos e nenas da Comarca do Deza, do Ulla e Tabeirós. Na sección infantil e xuvenil haberá aulas obrigatorias de Iniciación ó folclore con linguaxe musical e canto ademais de Gaita, percusión, sanfona, acordeón diatónico e requinta.
O profesorado é a mesma equipa formada por bons profesionais da música galega como son : -o mestre de gaita Edelmiro Fdez (gañador do Mcalland -premio europeo de gaita solista -, varias veces, solista de Ancoradoiro de Ribeira ) -prof. de sanfona Oscar Fdez, coñecido polo seu traballo como músico e compositor en Os Cempés, -prof. de acordeón diatónico está Pedro Pascual, membro de Laio, do grupo Marful e único profesor deste instrumento con ensino programado. - prof. de percusión tradicional é Francisco Estevez, recoñecido o seu traballo con Ricardo Portela e Henrique Otero como tamborileiro que creou escola na Ria de Vigo e como percusionista en Chouteira. -prof. de flauta e requinta é Roberto Sala coñecido polo seu traballo en Acibreira, o grupo de música medieval Martín Codax e seguidor do traballo pedagóxico de Luis Areán. -prof. de linguaxe musical Benjamin Otero, músico da banda de Lalín que se acercou á musica tradicional e sobre esa base perfila o ensino do solfexo -prof. de Teoria e Método do folclore é José Do pico, esta é a asignatura base e pilar do programa de estudios do Conservatorio Folque de Lalín. - na dirección e como prof. de canto Uxia Pedreira, voz do Chouteira é a prof. de canto que vai máis alá das formas tradicionais desde a técnica vocal á expresión vocal pasando por un coñecimento teórico da música cantada galega.
Os cursos monográficos de Lalín este ano voltaranse a facer pola demanda de alumnado de Galicia, Asturies e Portugal que acuden ó centro. Como monográficos anuais ou trimestrais: Guitarra Violino Pandeireta galega (tradicional/contemporánea) Informática musical e sonorización. Francés e inglés para músicos
Como monográficos de fin de semán ou un dia: Expresión vocal Danza galega versus danza contemporanea Monográfico do Brasil: danza, canto e percusión Percusión brasileira. Danza africana e percusión Introducción teórica e práctica ó flamenco. Inercambio formativo musical coa Universidade Popular de Vigo. Historia da música galega grabada.
O prazo de inscripción a estes monográficos está aberto. Dentro do programa de estudios este ano levarase a cabo un Combo representativo do conservatorio con director/a que realizará actuacións pola xeografia galega con repertorio tradicional e de composición arranxado polo profesorado. Independentemente faranse unha primeira producción musical para dar espazo e traballo ós músicos que se forman desde o conservatorio.
Entre outras actividades formativas para este novo curso esta a realización de jam sesions na noite lalinense con músicos do conservatoiro e vindos doutras partes de Galicia, o II Encontro de Acordeón Diatónico, o I Encontro de Sanfona e o I Encontro de Canto Popular.
A presentación do curso 2002/2003 farase o primeiro sábado de outubro dia 5. Presentación ós medios e alumnado á manha con pequeno concerto. Presentación ó alumnado á tarde e entrega de horarios.
Para máis información: folquelalin@hotmail
Auditorio Municipal Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín 36500 Lalín. Pontevedra
Tlfs. 669 535527 / 986 783570
Máis datos: Páxina do Conservatorio Tradicional e Folque de Lalín
|
A COMPAÑÍA MARFUL DA OS PRIMEIROS PASOS PARA O SEU PRIMEIRO DISCO
|
|
01/10/02
Marful, o grupo que lidera Uxia Pedreira xunto aos irmaos Pascual e o coñecido guitarrista Marcos Teira, proxecta un novo disco.
Marful ven de rematar este verán a pregravación dos seus temas para o que será o seu primeiro disco e próximamente presentarán a sua paxina web donde se poderá escuitar a sua música, aprender as novidosas letras e disfrutar da estética marfuliana gracias aos deseños do pintos vigués Pancho LaPeña. O grupo participará o dia 5 de outubro no décimo aniversario da Sala Nasa en Santiago.
|
|
|