Ravachol
Actualizado: 18/09/2003

 

 

 

 
NOVAS

Últimas novas

 
 

DRIADE, PREMIO SONSFOLK 2003

18/09/2003

O grupo Driade acadou o primeiro premio da edición deste ano do SonsFolk, na final celgrada o sábado 13 en As Pontes

A final chegaron tamén os grupos Balakandra, Lumia e Chavrem, que se clasificaron tras participar nas semifinais de Noia, Porriño, Vigo e Arnoa. O premio para os gañadores: a grabación, edición e distribución dun disco. Os tres finalistas poderán tamén editar un traballo conxunto.

Máis datos: La Voz de Galicia

 

Iº REUNIÓN OUTÓTONO DE GAITEIROS

18/09/2003

Coincidindo co concurso de Gaitas de Ponteares, o Pub Outótono organiza esta concentración.

Terá lugar o día 20 setembro no Outótono (nas galerías Santa María) e se espera a presencia dalgún renomeado gaiteiro. Os Carunchos presentará tamén o seu novo traballo.

 

CEMPÉS GRA NOVO DISCO

18/09/2003

Non resulta habitual un disco en directo na música galega. Agora Os Cempés grabarán o seu novo traballo ao vivo.

Os concertos terán lugar en Vigo os días 26 e 27 de Setembro no Auditorio do Concello ás 21:00 horas. A venda de localidades ralizarase na taquilla os dias dos concertos. Prezo 10 Euriños.

 

CURSO DE POSGRAO SOBRE MÚSICA GALEGA

18/09/2003

Por vez primeira unha universidade organiza un curso deste tipo adicado a música galega.

O curso está organizado pola USC e o Conservatorio de Música Tradicional e Folc de Lalín e custa 1.100 euros. O programa inclúe materias de etnomusicoloxía, antropoloxía, historia a música galega, técnicas de investigación en música tradicional, poesía popular e pedagoxía, musical, entre outros contidos, que serán desenvolvidos de novembro de 2003 a xuño de 2004.

Máis datos: aquí

 

 

SECCIÓNS