|
| |
|
NOVAS
|
|
|
| |
PONLLE LETRA A UNHA CANCIÓN DE LUAR NA LUBRE!
|
|
30/09/02
¿Gústaríache escibir a letra dun tema de Luar Na Lubre? Agora podes participar no sorprendente concurso que este grupo organiza. O premio: que a túa letra aparecer no próximo disco.
Ata o 31 de decembro pódes enviar o texto dunha letra para unha canción. Luar Na Lubre musicará a letra gañadora, e comprométese a incluila no vindeiro disco. Non é necesario que sexa en galego, e pode participar todo o mundo. Esos si: os dereitos de autor son para o grupo :(
Máis datos: http://www.luarnalubre.com/
|
A ASOCIACIÓN "A NOSA GALIZA" FESTEXOU ONTE O SEU XXV ANIVERSARIO CUN CONCERTO DE TREIXADURA
|
|
29/09/02
Tino Baz acompañou o grupo no seu concerto en Xenebra. Ademáis o grupo anuncia a saída dun novo disco.
A Asociación "A Nosa Galiza" de Xenebra (Suiza) festexou este sabado 28 de setembro o seu XXV aniversario na sala de Lignon. Durante a noite Tino Baz e Treixadura. Sen Cesar Longa pero con Magoia Bodega ao acordeón, actuaron primeiro cada un o seu turno, e remataron ao final tocando xuntos, contando tamén coa participación de Diego Garcia (Muxicas). Treixadura anunciou ademais a saida do seu terceiro disco, "Unha noite non e nada", entre finais de decembro 2002 e febreiro 2003.
|
PREMIOS LA OPINIÓN DE MÚSICA FOLK
|
|
26/09/02
O 4 de outubro entregaranes os Premios Opinión da Música Folk no teatro Rosalía de Castro
O xornal La Opinión, de A Coruña, puxo en marcha os Premios Opinión coa intención de potenciar e recoñecer o traballo que veñen realizando os artistas galegos que se adican a este estilo musical. "Hepta" ,de Berrogüetto, resultou o vencedor na edicion de este ano. Berrogüetto e Fía na Roca (o finalsta) tocarán na gala de entrega que se celebrará o 4 de outubro
Máis datos: http://www.ghastaspista.com/novas/
|
CURSOS DE PERCUSIÓN NA CASA DO COTO
|
|
26/09/02
A partir do primeiro xoves de outrubro, cursos de iniciación e perfeccionamento de percusio na Casa do Coto
Os cursos realizaranse tódolos xoves ás 21:00h percusión e serán impartidos por Alberto Costas Comesaña (percusionsita de Rumbadeira, Foula, O Fiadeiro, Violia, ...). Os cursos están organizados en colaboración coa agrupación folclórica Foula cunha cuota de entre 12 e 15 €/mes. Para apuntarse pódedes pasar polo local (Subida a San Cibrán, en Tomeza, no concello de Pontevedra), chamar ó teléfono 654 373 073 ou enviar un correo electrónico a acasadocoto@yahoo.es indicando que estades interesados en participar no curso de percusión, xunto co voso nome completo e teléfono de contacto.
Máis datos: A Casa do Coto
|
ULTREIA ANUNCIA OS SEU CURSO PARA O ANO 2002
|
|
26/09/02
O Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia, presenta o seu curso de música tradicional que dará comenzo o 4 de outubro. O contenido do curso abrangue múltiples aspectos da música, dende interpretación ata recollida de material.
Dirixido principalmente a gaiteiros iniciados (se excluír a outros músicos interesados no instrumentos), o curso profundizará en tódolos aspectos relacionados co instrumento: dixitación, construcción, distribución, tipoloxía, recollida de material e tratamente de este, afinación.. Faranse tamén visitas a obradoiros, centros de documentación e outros lugares de interés. A duración do curso é de 24 meses, aínda que nos meses de xullo e agosto non se impartirá. O costo do curso será de 45 €/mes, e a matrícula inicial será de 50 €. Para matriculación, contactar con Pablo Carpinteiro nos teléfonos: 626 588 381 ou 981 563 100 Ext. 13607,
Máis datos: Gaita de Foles
|
BOLSA DE INVESTIGACIÓN EN FOLCLORE DO INAEM
|
|
19/09/02
O Instituto Nacional de Artes Escénicas y de la Música convoca unha bolsa de investigación sobre "baile, danza e música popular (canción e instrumentos musicais) relativas a calquera das diferentes culturas do territorio español"
Poderán optar individuos e equipos formados ó efecto. A concesión desta bolsa será incompatible con outras concesións económicas para o mesmo proxecto. O traballo debe ser inédito e deberá realizarse dentro dun período máximo de un ano. Documentación a remitir: Solicitude do candidato ou do director do equipo. Fotocopia do DNI. Curriculum vitae do solicitante ou dos integrantes do equipo. Memoria detallada do traballo a realizar: interese do traballo, amplitude e duración do mesmo, etapas de investigación, metodoloxía a empregar, centros de traballo, medios disponibles. A documentación e o traballo deben ir en castelán. Os traballos serán propiedade dos autores. Os convocantes resérvanse o dereito prioritario de edición en castelán, renunciando o bolseiro á percepción de dereitos de autor. Prazo: 30-12-02 Contía: 4.508€ (70% ó aceptarse a bolsa e o 30% restante Consulta de dúbidas: tlf 924 24 37 46 - Convoca / Enviar a: Beca de Investigación en Folklore CIOFF-INAEM Apartado de correos nº467 06080 Badajoz ou a: Sede de CIOFF España Calle Afligidos, 4, 2º 06002 Badajoz
|
BERROGÜETTO NON GAÑOU O GRAMMY, PERO PROMETE DISCO
|
|
19/09/02
Hepta non foi elexido como o mellor disco folk do ano, pero acadou o Premio da Crítica Alemana esta mesma semana. Ademáis, según anunciou Anxo Pintos a culturagalega.org, haberá sorpresas.
Para escomenzar, o grupo prepara unha xira de presentación polo continete americano. Únese así a outros grupos que tentan sorte na outra beira do Atlántico, como actualmente Susana Seivane. Ademais, anuncian que antes do vindeiro verán publicarán novo disco. Este álbum recollerá os temas que gravaron en 1999 nun estudio portátil nas illas Cíes (actual Parque Natural) para unha serie documental de Canal + España sobre enerxías renovables. No seu disco Hepta xa aparecera un corte desa banda sonora, pero por fin os seguidores deste xa mítico grupo poderán escoitar un traballo que permanecía inédito.
|
A UNIVERSIDADE POPULAR DE VIGO PECHA ESTE XOVES O PRAZO DE MATRÍCULA
|
|
17/09/02
Este xoves pecha o último prazo para matricularse nos curso desta institución viguesa.
Os cursos escomeza o día 1 de outubro. Dentro da UP , o Conservatorio de Música Tradicional imparte cursos de arpa, canto popular, etnografía e folclore, gaita, percusión, violín tradicional e zanfona. Como novidade este ano, engadirase un curso sobre requinta. Para interesados tamén existen un obradoiro adicado a construcción de instrumentos populares.
O enderezo do centro é: Universidade Popular Avda. García Barbón 5 36201 Vigo Tel.: 986 228 087 / 986 228 088
Máis datos: Universidade Popular
|
ABERTO O SEGUNDO PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE A CORUÑA
|
|
12/09/02
Está aberto o segundo prazo de matrícula na Escola Municipal de Música de A Coruña, ata o 27 de Setembro.
O horario da escola é de 9:00 da mañá ás 10:00 da tarde, en horario continuado. Na Área de Música Tradicional, é de suliñar a incorporación da zanfona como instrumento permanente no centro, con Óscar Fernández Sanjurjo (Os Cempés) como profesor; en percusión tradicional, está Lola Fernández Parada. En gaita están agotadas as prazas, mas está aberta unha lista de espera para ocupar-las baixas que se produzan durante o primeiro trimestre do curso. Para outros instrumentos pódese chamar ao 981 226 752. O enderezo da escola é: Rua da Torre 67, A Coruña.
|
ABERTA A MATRÍCULA NO CONSERVATORIO DE MÚSICA TRADICIONAL E FOLQUE DE LALÍN
|
|
10/09/02
O Conservatorio de Lalín abre o prazo de matrícula ata o 15 de outubro e ofrece información para as actividades para este curso 2001-2002
Opción A. Materias individuais. Opción B. 1 instrumento, Linguaxe musical e 1º de Teoria e Método
Materiais e Profesorado.
GAITA. Edelmiro Fernández. SANFONA. Oscar F. Sanjurjo. CANTO. Uxia Pedreira. PERCUSIÓN. Francisco Estevez (CHuco) REQUINTA E FLAUTA TRAVESEIRA. Roberto Sala ACORDEON DIATÓNICO. Pedro Pascual TEORIA E MÉTODO DA MÚSICA PATRIMONIAL. José DOpico LINGUAXE MUSICAL. Benjamín Otero. COMBOS INSTRUMENTAIS E VOCAIS
Iniciación á musica tradicional e folque para nenos e nenas: Linguaxe musical, canto e instrumento (gaita, percusión)
CURSOS MONOGRÁFICOS Violino Guitarra Harpa céltica Pandeireta galega Pandeireta asturiana Historia da música tradicional galega grabada Expresión vocal Baile galego Danza contemporánea e danza galega Acordeón cromático Monográficos de Brasil:capoeira,canto, percusión. E outros.
Outras actividades: II Congreso de Antropoloxía musical, II Encontro de Acordeón diatónico, concertos, audicións comentadas, exposicións, seminarios especializados, excursións de temática musical, jam sesions, master class, etc.
Outras instalacións: Biblioteca e fonoteca, conexiom a internet a empregar polo alumnado e profesorado.
Horarios: estabelecen-se o dia da presentación primeiro sábado de outubro. O conservatorio permanece aberto o venres á tarde e sábado todo o dia.
Para preinscripción::
- envia un mail a conservatoriofolque@hotmail.com ou bem a folquelalin@hotmail. com con todos os teus datos persoais, tlf e enderezo.
- envia unha carta cos mesmos datos a Auditorio Municipal Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín 36500 Lalín. Pontevedra
- chama aos tlfes. 669 535527 / 986 783570
Máis datos: Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín
|
|
|