| |
|
NOVAS
|
|
|
| |
I ENCONTRO DE PERCUSIONISTAS E GAITEROS ASTURIANOS E GALEGOS DE AMÉRICA
|
|
22/08/02
Santiago de Chile acollerá durante o mes de Nadal a celebración deste encontro, organizado pola Colectividad Asturiana de Santiago, o Lar Galego e o Estadio Español de Las Condes.
O encontro escomenzará o 10 de nadal e finalizará o 13 do mesmo mes en inclurá como actividades diversos foros, obradoiros de instrumentos e actuacións musicais. Para máis informacion, encuentrodegaitas@asturias.cl ou ben por fax (56-2) 2077419 Tódolos actos realizaranse no Estadio Español de Las Condes (Santiago de Chile) e a acreditación costará 15 dólares.
Máis datos: asturias.cl
|
PABLO SEOANE, DO GRUPO ULTREIA, TERCEIRO POSTO NO MCALLAN
|
|
22/08/02
O gaiteiro de Teo, Pablo Seoane, acadou o terceiro posto entrando no podio do trofeo McAllan de gaita do Festival Internacional de Música Celta da localidade francesa de Lorient.
Seoane, que xa acadara anteriormente os postos cuarto e quinto deste certame, mostrouse satisfeito e con esperanzas de conseguir o primeiro posto o ano que ven. Ademais de ser membro do grupo Ultreia, Pablo Seoane tamén dirixe os grupos de gaitas Rosalía de Castro e o do Concello de Santa Comba.
Máis datos: Cultura Galega
|
CHOUTEIRA DEIXA OS ESCENARIOS
|
|
08/08/02
O grupo Chouteira decidiu deixar de dar concertos, pero deixan aposibilidade de grabar algunha peza ou poñe-la en Internet.
A escasez de concertos, provocada según eles pola crisis que está a sufrir a industria da música, é o motivo de que o grupo decidise por deixar de dar concertos ao vivo. A dispersión xeográfica dos membros do equipo e a perticipación destes noutros proxectos tamén impiden que o grupo se xunte para ensaiar ou preparar novas pezas. Nembargantes, o grupo deixa aberta a posibilidade de grabar alguns dos temas que xa tiñan preparados, para o que contan cunha voz masculina.
Máis datos: La Opinión
|
O ATENEO FERROLÁN CONCEDE AS MENCIÓS DE GAITA DE OURO E GAITA DE PRATA
|
|
06/08/02
O Ateneo ferrolán concedeu as mencións honoríficas de Gaita de Ouro ó artesán José López Bao e Gaita de Prata ó Orfeón Terra Nosa.
Estes premios outórganse tódolos anos coincidindo co concurso de Gaita Galega Constantino Bellón, e teñen como obxectivo o recoñecemento honorífico de a aquelas persoas ou entidades que destacaron polo seu traballo a prol da música galega.
Máis datos: Cultura Galega
|
|
|
|
03/08/02
Acaba de saír Retellando, o novo disco de Ardentía.
Primerio foi 'Para bailar o rueiro', disco conxunto con Beladona e Crema de Gaia. Logo foi 'Ardentía' a secas, e agora presentan 'Retellando': Son quice temas, os máis deles tradicionais, editados por Cumio.
|
BERROGÜETO É FINALISTA NOS PREMIOS GRAMMY LATINO 2002
|
|
01/08/02
Dentro da mesma categoría de Mellor Album de Música Folclórica, atópase o disco Marem do vasco Kepa Junquera
Berrogüetto atópase como nominado na lista dos premios Latino 2002 da Academia Grammy na categoría de mellor álbum de música folc por Hepta. A entrega de premios farase o 18 de setembro no Kodak Theatre de Hollywood. Os outros nominados son o disco Maren de Kepa Junquera e os discos de Susana Baca, Petrona Martinez e Lázaro Ros.
Máis datos: Lista completa de nominacións
|