Ravachol
Actualizado: 22/07/2003

 

 

 

 
NOVAS

Últimas novas

 
 

PRESENTASE 'CARTAFOLK', NOVA REVISTA SOBRE FOLC

22/07/2003

Dirixida e impulsada por Carlos Losada, ten carácter semestral e tratará tanto sobre folc extranxeiro como de Galicia

O xornalista Óscar Losada dirixe esta revista presentada no Pub Dublin de A Coruña, con formato de monográfico de periodicidade semestral. O seu primeiro número está adicado ao grupo escocés Capercaillie, aínda que prestaralle tamén atención aos grupos ou solistas galegos sempre que sexa posible. A revista é a única publicación sobre este xénero musical que se fai en Galicia, logo que desapareceran outras iniciativas anteriores.

 

"O SABER DO POBO", NOVO LIBRO DE MÚSICA, DANZA E TRAXE GALEGO

02/07/2003

Escrito por Calixto Albán Laxe e editado por Xerais, percorre diferentes aspectos da tradición musical galega, así como o traxe e a danza.

A primeira parte recompila moita información sobre o traxe tradicional galego, os seus tecidos e as súas diferencias territoriais. Unha segunda parte estudia os bailes, as danzas, o cancioneiro e as reunións festivas propios da cultural tradicional galega. Unha descrición polo miúdo dos instrumentos do folclore galego e as formas musicas compón unha terceira parte, mentres que o volume se completa cun vocabulario específico sobre o noso floclore.

Máis datos: Ficha en Andel Virtual

 

 

SECCIÓNS