Ravachol
Actualizado: 20/06/2003

 

 

 

 
NOVAS

Últimas novas

 
 

MORRE RAMÓN SUMAY CONDE

20/06/2003

Ramón Sumay Conde finou o pasado venres aos 85 anos de idade. Gaiteiro de profesión e traballador de necesidade, intereseuse pola gaita aos 11 anos ainda que con 8 tocaba xa a requinta.

Aprendeu a tocar con Agustín Lorenzo, outro gaiteiro de Catoira finado hai dous anos mentras tocaba a gaita

Xuntos formaron un grupo que ao pouco se separou pola Guerra Civil, foi na postguerra cando Ramón decidiu formar Os Areeiras, cos seus irmáns Tito e Agustín e un amigo tamén do Areal.

Compartiron escenario cos ben famosos Soutelos de Avelino Cachafeiro e cos Campaneiros.

Recorreron moitos lugares de Galicia e de España. Foron galardoados con varios premios en certames de Gaitas, invitados de excepción nos centros galegos de Suiza, Alemania, Bélxica e Arxentina.

Ramón Sumay deixou de tocar co grupo aos comenzo dos 80 a consecuencia dunha anxina de peito, o que propiciou a desaparición dos Areeiras. Eso non foi obstáculo para que seguira coa gaita dando clases a familiares e alumnos, dos que nacería "Muiños do Vento". Antes xa o fixera con Nando Casal e Pepe Ferreirós, dos que nacería "Faiscas do Xiabre" e posteriormente o universal "Milladoiro".

Entre os seus alumnos destacan Manolo Riveiro (compositor das sintonías de Onda Cero España), José M. Navia (mestre de música que formara o grupo Keltoi nos anos 90),Rubén Maneiro (mestre de gaita) e outros moitos que fixeron da gaita un modo de disfrutar tanto nas festas como na intimidade ou no traballo.

Unha das cualidades máis importantes que tiña Ramón Sumay era a de compoñer. Creou máis de 50 piezas para gaita, e outras moitas que por desgracia será imposible recuperalas debido a que na época nas que as compuxo era prácticamente imposible gravalas en soportes perdurables e que cos anos da guerra e a imposibilidade de tocar a gaita asiduamente caeron no esquecemento por parte do propio Ramón (o cal carecía dos coñocementos de escritura musical). Foi nos 90 cando un sobriño, José Navia, decidiu facerlle varias gravacións en solitario e algunhas tocando xuntos, así como rexistrando en partitura na propiedade intelectual todalas súas obras. Entre elas as emblemáticas "Muiñeira do Areal" ou a "Mazorca dos areeiras", gravadas por Milladoiro e polos irlandeses The Chieftains.

Posteriormente serían Nando Casal, Pepe Ferreirós e Moncho García (de Milladoiro) quenes lle farían unha grabación tardía.


Autor do texto: Xosé Piñeiro

Máis datos: Diario de Arousa 18/06/2002

 

PRESENTADO O CARTEL DE ORTIGUEIRA 2003

04/06/2003

O vintecinco aniversario do festival celébrarase cun cartel cheo de nomes coñecidos. As datas: 11, 12 e 13 de xullo.

Durante estes tres días pasarán polo escenario a Orquesta Folk SonDeSey, Muzsikás & Marta Sebestyén, Hevia e Altan (día 11); Xosé Manuel Budiño presentará o que daquela será o seu novo traballo, actuarán Ban Tribal, e os coñecedísimos Hedningarna e Shooglenifty (día 12); e na útlima xornada (día 13) pasarán Rare Folk, Faltriqueira, Fanfarria Ciocarlia e Wolfstone.
Preparade a mochila, reservade datas e desfrutade.

 

 

SECCIÓNS