Ravachol
Actualizado: 25/04/2003

 

 

 

 
NOVAS

Últimas novas

 
 

XISTRA DE CORUXO PREPARA O SEU NOVO TRABALLO

25/04/2003

Combinará pezas tradicionais e algunhas máis innovadoras. Tamén contará cunha peza ao vivo, que se grabará en Matamá (Vigo) o próximo día 3 de maio.

Aproveitando os quince anos que cumple este grupo, o grupo actuará en Matamá xunto co grupo polaco Muzyca Domu Tanca, e aproveitará para grabar algunha peza en directo para incluilas no seu próximo traballo. O novo disco está xa en fase de grabación e incluirá tanto pezas do estilo habitual no grupo como algunhas novidades que xa van presentando en diversos directos e actuacións.
A formación ten tamén outros proxectos en mente, como a edición dun disco especial sobre gaiteiros e quitetos tradicionais do sur de Pontevedra, para distribuir entre asociacións e músicos.

 

FESTIVAL CELTA DE ORTIGUEIRA, DECLARADA FESTA DE INTERÉS NACIONAL

25/04/2003

O Festival Celta de Ortigueira, un dos principais eventos musicais deste tipo de música na nosa xeografía, foi declarada de Interés Nacional, coicidindo co seu 25 aniversario.

Con 25 anos ás súas espaldas, 70.000 espectadores na súa última edición, ducias de actividades paralelas, este festival é dos máis importantes na vida musical de Galiza. Dende o ano 1999 está declarada como Festa de Interés para Galicia, pero agora o Ministerio de Economía declarouna de Interés Nacional. Deste xeito, o festival figurará en tódas as campañas de promoción turísitca da Xunta e do Ministerio.
A intención dos organizadores é que lle sexa recoñecido coma de Interés Turístico Internacional. Mentras tanto, xa están en marchas os preparativos para unha celebración do aniversario dos días 11, 12 e 13 de xuño cun programa que se dará a coñecer nas vindeiras semanas en Vigo e en Madrid. O concello tentará que tódos os músicos nacionais e internacionais que pasaron polos escenarios do festival sexan homenaxeados. Ademáis, prepárase a edición dun libro gráfico conmemorativo e un cambio de imaxe.

Máis datos: La voz de Galicia

 

AS MUXICAS, CON MÚSICA DE OS CEMPÉS, NA TVE

21/04/2003

O vintecinco deste mes (25/4/03) emitirase na Televisión Española (TVE) a curtametraxe As Muxicas. E a banda sonora corre a cargo de Os Cemés

Os ferrolanos Os Cempés fanse cargo da sorprendente banda sonora de 'As Muxicas', a segunda curtametraxe en 35 mm do ferrolán C. Alberto Alonso e que foi rodada en Monfero e Caaveiro (A Coruña) no novembro do 2001. Aínda que a producción é totalmente catalana (Grup Cinema Art SL e o Centro de Estudios Cinematográficos de Cataluña (CECC)), o equipo técnico está maiormente formado por galegos residentes en Barcelona. A cinta está protagonizada por Fely Manzano (Pratos Combinados), Tucho Lagares (O Trasto) e conta coa colaboracion do actor/dramaturgo Manuel Lourenzo (Mareas Vivas).

 

VAISE EDITAR UN LIBRO SOBRE OS CAMPANEIROS, GAITEIROS DE AROUSA

20/04/2003

O libro está escrito por Carlos Rey, Héctor Silveiro e Paulo Nogueira. Estará prologado por Rodrigo Romanó e vaise publicar en Edicións do Cumio

Ademais de abundante material fotográfico, o libro contará tamén con notas biográficas, partituras, arquivos sonoros inéditos e posiblemente cunha pista interactiva sobre o grupo.

Máis datos: Páxina de Treixadura

 

IV ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL DE CARBOEIRO, O 7 E E 8 DE XUÑO

05/04/2003

Xa estánse a preparar o estes encontros de música tradicional. Vos contamos de que van e os seus obxectivos.

A asociación Santa Ferreña de Carboeiro está xa a argallar estes encontras que se veñen facendo dende hai tres anos no mosteiro de Carboero, no Concello de Silleda. As datas de este ano serán o 7 e mailo 8 de xuño (non diredes que non avisan con tempo :-) ) e durante os vindeiros meses iremos informando das novidades relativas a este evento.

[Actualizado]
Surxe no concello de Silleda esta asociación no ano 2003 con sede no centro cultural de Bandeira. Esta asociacion nace da xuntanza de tres asociacions do concello, que son Adellis, Dame Lume e a Asociación Xuvenil Os Ultreias, co fin de organizar estess encontros, que se veñen a realizar o primeiro fin de semana de xullo. Este ano son o 7 e o 8 de xullo, por cadrares o primeiro fin de semana dia 1.
A filosofía desta actividade é de facer unha festa como se facian antigamente, con gaiteiros e sin vatios de son polo medio, e decir facer lembranza das foliadas que asistían os nosos avós nas súas parroquias e os seus limítrofes.
A festa vense a celebrar dende o ano 2002 durante dous días, comezando o primeiro día sobre as 12 da maña con unha xuntanza de todos os gaiteiros no patio do mosteiro de carboeiro, facendo asi o que lle chamamos a sesión vermut.
Despois sobre as 2 da tarde os gaiteiros seguen amenizando durante un xantar aberto a todo festeiro que asista a festa. O xantar é a base de polvo, tortilla e empanadas, por un prezo que oscila entre os 12 e os 16 euros.
Pola tarde as gaitas non paran de soar e os bailarins non paran de bailar. Tamen ofrécense outras alternativas pola tarde para os que queiran descansar un pouco para coller folgos para a noite, como son actuacions de contacontos, cantares de cego, unha mostra de baile tradicional e unha representacion teatral.
Tamen hai durante todo o día unha exposición de artesáns, unha exposición de libros de escritores da zona, unha exposicion do museo galego da marioneta, etc, etc.
Pola noite celebrase un concerto no interior do mosteiro, con grupos de musica tradicional e grupos de pandereiteiras de todo o panorama galego musical, e dicir, de grupos de toda Galiza.
O dia seguinte levase a cabo unha procesion dos santos da música tradicional, estes descubertos por a mesma asociación.
Arredor da 1 da tarde desde o río ata o convento pasease o santo elaborado de forma totalmente artesán, e decir a man con materiais reciclaveis, acompañados por unhos gaiteiros e os seus devotos. Por exemplo no ano 2002 adicóuselle a romería a Santa Ferreña, e o ano 2003 adicaselle o Santo Burato da Ghaita..
Tamen haberá xantar popular cunha elaboracion dunha gran queimada.
Polo do seguinte estan a traballar para ofreceres outras alternativas para o domingo a tarde.
A finalidade desta festa e que se recorde en toda galiza esa data coma un dia sinalado na nosa cultura tradicional e popular, e que realmente a música tradicional son os gaiteiros coma os de antes.

 

 

SECCIÓNS