|
| |
|
NOVAS
|
|
|
| |
INMINENTE SAÍDA DO NOVO DISCO DE MILLADOIRO
|
|
26/04/2002
O disco de Milladoiro estará nas tendas arredor do día 20 de maio.
Xa se rematou todo o traballo de gravación e producción de "O Niño do Sol". O disco estase masterizando en Orlando Florida. A pesares de que non estará fabricado ata mediados de maio e, xa que logo, non estará dispoñible nas tendas ata arredor do día 20, se poderá reservar na páxina oficial do grupo a partir do día 8 de maio.
Máis datos: Páxina oficial de Milladoiro
|
RAFAEL AMARGO INCLÚE A BERROGÜETTO NO SEU ÚLTIMO ESPECTÁCULO
|
|
17/04/2002
Flamenco, Lorca e música galega mistúranse no espectáculo 'Un Poeta en Nueva York'
O 'bailaor' e coreógrafo Rafael Amargo, un dos máis xoves valores do flamenco actual en España, incluíu a peza 'Bailador' do grupo Berrogüetto nunha coreografia do nuevo espectáculo que ven de estrenar no Teatro Lope de Vega de Madrid, 'Un Poeta en Nueva York', homenaxe ó escritor Federico Garcia Lorca.
|
PRÓXIMOS LANZAMENTOS DISCOGRÁFICOS
|
|
16/04/2002
A rencentemente constituída discográfica Xingra.com vén de anunciar os seus lanzamentos no eido do folk para este ano.
Un disco das cantareiras de Arteixo, Xiradela, será o primeiro traballo editado por esta casa, e continuará o novo traballo do grupo ourensán Doa logo de anos de silencio. A discográfica tamén editará o novo disco de Maite Dono
Máis datos: Xinga.com
|
ANUNCIO DO NOVO DISCO DE BRATH
|
|
14/04/2002
O novo traballo titularase 'Rodeira' e a súa temática céntrase nos problemas medioambientais de Galicia.
Brath presentou onte o seu segundo traballo, que afonda na cultura milenaria de Galicia, a vez que realiza unha denuncia sobre a degradacion medioambiental da natureza galega. O grupo visitará Inglaterra, Alemaña e Xapón como parte dos conciertos de promoción do novo disco. En España actuarán en Madrid, Barcelona y Segovia.
Máis datos: Noticia en La Voz de Galicia
|
XA ACCESIBLE O Nº 3 DA REVISTA A GRILEIRA
|
|
09/04/2002
Xa se atopa na rede o terceiro desta revista do Gabinete de Musicología y Archivo Histórico de la Fundación Xeito Novo
Este novo número inclue unha entrevista a tres gaiteiros novos de Arxentina, un estudio sobre a presencia da gaita en Arxentina e dúas pezas para gaita.
Máis datos: A Grileira
|
A XUNTA DE GALICIA DESTIÑA 30.000 EUROS PARA SUBVENCIÓNS DISCOGRÁFICAS
|
|
09/04/2002
A Consellería de Cultura destina este ano un total de 30.000 euros para promove-la edición discográfica galega e para apoia-las empresas do sector.
Estas axudas teñén ademáis como ovxectivo principal potencia-la creatividade e o nacemento de grupos, intérpretes e creadores. Cada subvención non poderá supera-la cantidade de 1.800 euros por casete, disco compacto oo minidisco, consistindo no equivalente o 75% do precio de venta ó público -sen iva- dun máximo do 20% dos exemplares editados. Se a pbra é en varios volúmenes, engadiranse 600 euros por cada un deles. Poderán optar a estas subvencións os productores acreditados según a lexislación vixente, e as edicións deberan ter realizado o depósito legal con data posterior ó 15 de maio do 2001. Quedan excluidos os productores dependentes de organismos públicos, as produccións destinadas a uso escolar, as obras realizadas con fondos públicos ou que recibisen otra subvención e as produccións de difusión gratuita. As solicitudes podranse presentar dende o 15 de abril ata o 15 de mayo.
Máis datos: Noticia en La Opinión
|
MILLADORIO REMATA A GRAVACIÓN DE "O NIÑO DO SOL"
|
|
01/04/2002
Milladorio remata a gravación dun novo disco, que sairá en maio
Durante os últimos tres meses o grupo estivo grabando nos Estudios Cormorán da Picaraña o décimo sexto álbum na historia da banda. Desde maio, Milladoiro voltará os escenarios de varios paises, entre eles Italia, Holanda, Estados Unidos ou Xapón, presentando o novo traballo. O concerto que terá lugar en Vigo, ó día 16 de maio, servirá ó grupo para presentar o seu novo disco en Galicia. Tamén actuarñan na Coruña, en Santiago, en Lugo, Ourense e en Ferrol. O disco está composto por catorce temas, todos do propio grupo ou arreglados por eles. Unha vez máis, Milladoiro conta coa colaboración dunha voz feminina, a cantante galega Laura Amado. Entre as sorpresas deste disco está a utilización das novas tecnoloxías para recupera-laa voz dunha figura esgrevia da música tradicional como é Feliciano Santalices No disco inclúese o tema Mikworker, de James Taylor, en versión da estrela folk norteamericana Kathy Mattes. Isto é froito da colaboración que desde hai anos mantén Milladoiro con Kathy Mattes, gañadora de varios premios Grammy. A envoltura gráfica deste disco contará coa colaboración do fotógrafo Xurxo Lobato, xefe de fotografía de La Voz de Galicia, do escultor Francisco Leiro e cos comentarios do xornalista musical xaponés Tetsou Uchida, comentarista habitual de world music da revista nipona Marquee.
Máis datos: Noticia na Voz de Galicia
|
O NOVO DISCO DE LUAR NA LUBRE, NAS TENDAS EN ABRIL.
|
|
01/04/2002
'Espiral' titularase o noveno disco desta coñecida formación. Según o propio grupo, será un dos seu mellores traballos.
O 8 de abril Luar na Lubre dará a coñecer o seu novo disco. Bieirto Romero indicaba que o disco 'Presenta cambios significativos no estilo aínda que se identifique o noso son no que se introducen novas cores'. En Espiral cinco dos nove temas son cantados e na interpretación destacará de novo a voz de Rosa Cedrón. Abrirá o disco o tema Espiral, presentado como suite céltica, e integran o conxunto a canción de Víctor Jara, catro cantos tradicionais da Costa da Morte, Ara Solis, unha aposta intimista creada por X. Cerqueiro ou a composición Golpe que se anuncia como mestura de melodías. Cinco deles están producidos por Donal Lunny e o disco foi mesturado nos estudios Pulse de Dublín. A presentación pública do traballo será o ponto de saída da xira de lanzamento que levará os Luar na Lubre nun primeiro momento por distintas cidades de Galiza, Portugal e Andalucía.
|
|
|