|
| |
|
NOVAS
|
|
|
| |
UNHA VOZ GALEGA EN EUROVISIÓN
|
|
30/03/2003
A cantante Verónica Codesal, unha das compoñentes do grupo belga de pandereteiras Ialma, cantará con Urban Trad na próxima edición de Eurovisión representando a Bélxica
O 24 de maio, en Letonia, terá lugar o festival de Eurovisión. Non sería representativo para a música galega, se non fose porque un dos países participantes, leva a un grupo folc chamado Urban Trad. E para esta ocasión o grupo contará coa voz de Verónica Codesal, unha das pandereteiras de Ialma. Ademáis a canción participante, titulada Sanomi, implicará tamén o son dunha gaita galega.
|
SARAIBAS CAMBIA DE FORMACIÓN
|
|
26/03/2003
Despois de 16 anos, Amparo, a voz e gaita de Saraibas, abandona o grupo. No canto, a canadiana Julie Gravich é a nova incorporación como voz. Sorte na nova andaina.
|
NOVO DISCO DE CARLOS NÚÑEZ: ALMASE FISTERRA
|
|
26/03/2003
A nova entrega de Carlos Núñez leva por título 'Almas de Fisterra' en España e 'Un Galicien en Bretagne' en Francia, e está editado pola multinacional Sony
O traballo pretende afondar nos elementos musicais comúns entre Galicia e a Bretaña, lugar este último onde Carlos leva vivindo os últimos tres anos.
|
'UNHA NOITE NON É NADA', NOVO DISCO DE TREIXADURA
|
|
13/03/2003
Sae a venta o terceiro disco deste excelente grupo de gaiteiros, unha continuación do seu anterior 'Unha noite no Muíño'-
O novo traballo de Treixadura reinvindica, ata na portada, a transmisión das melodías e do patrimonio cultural galego a través de séculos de historia. Este disco constitúe unha contribución á difusión da música e das melodías de grupos e figuras do mundo da gaita na Galiza. O disco gravouse nos meses de novembro e decembro de 2001 no estudio As Galesas, en Outes. Para a realización do mesmo cantaron con Rodrigo Romaní, que levou a cabo as tarefas de producción e masterización, mentres que os arranxos e o desenrolo da idea orixinal correron a cargo do grupo. Como colaboradores especiais, contouse cun grupo de amigos que se reuniron baixo o nome de Orfeón Treixadura e que puxeron voz a un dos temas deste traballo. O repertorio de "Unha Noite non é Nada" reune pezas pertencentes a moi diversos ámbitos da música galega: grupos de gaiteiros, corais, temas de autor, repertorio de gaiteiros solistas, cantigas extraídas de cancioneiros galegos, coa presepectiva de que, como escribe Antón Santamarina no prólogo do disco, "...agora xa non é só unha música para pasar o tempo, é a nosa música nacional e con esa consciencia a tocamos."
|
MÚSICOS VASCOS E GALEGOS XUNTOS NUN CD EN UN CONCERTO SOLIDARIO
|
|
11/03/2003
Uxía, Faltriqueira, Leilía, Budiño, Berrogüetto, Chouteira, Emilo participan con Kepa Junkera, Ruper Ordorika, Oskorri, Javier Muguruzam Ibon Koteron e Orka Tx nun concerto en un CD a favor de Nunca Máis
O cencerto celebraras no Palacio Euskalduna de Bilbao o 6 de abril. Os cartos recadado, tanto co CD como co concerto, irá a plataforma ciudadá Nunca Mais. Os artistas mostraron xa a súa disposición de participar neste proxecto de xeito desinteresado. Esta iniciativa parte de Radio Euskadi (emisora que celebrará en breve su vigésimo aniversario), que ha e contará coa colaboración da Diputación Foral de Bizkaia, o diario DEIA, a productora KAP e a discográfica Balea. O CD, que sairá a venta tamén o 6 de Abril, constará dunha veintena de cortes nas que colaboraron músicos vascos e galegos dende os anos oitenta. Haberá tamén una canción especialmente composta para a ocasión na que participarán tamén artistas de ambas comunidades.
Máis datos: Radio Euskadi
|
GRODAN DE FLO, GAÑADORES DO 4º CERTAME RADO OBRADOIRO
|
|
02/03/2003
O grupo folque lalinense Grodan de Flo foron os gañadores do 4º premio do Certame de Música Folque organizado por Radio Obradoiro no Teatro Principal de Compostela o dia 28 de febreiro
Entre os membros están algúns alumnos do Conservatorio Folque de Lalín. Eles son o acordeonista e violinista Carlos Quintá, o guitarrista Ivan Garcia, a bateria de Miguel L.Buján e o profesor de linguaxe musical do C.F. Benjamín Otero no oboe. A súa interpretación consistiu nun repertorio de composición e unha peza de Macedonia aprendida de Jacky Molard. Se queres máis información sobre o grupo, podes chamar ó tlf 626 115369
|
O ÚLTIMO DE FALTRIQUEIRA, NA LISTA DE WMCE
|
|
02/03/2003
No mes de marzo o último disco de Faltriqueira aparece como no posto número cinco.
O grupo leva xa tres meses na lista, uníndose así o escaso conxunto de grupos galegos que apareceron no WMCE. Os discos da lista emítense nas radios que apoian o proxecto e o listado dos dez primerios discos tamén se reproduce en aproximadamente tres millóns de carteis. A lista non se basea en criterios, senón que está elaborada por críticos e especialistas en músicas do mundo de vinte países europeos.
Máis datos: Word Musci Chart Europe
|
|
|