Ravachol
Actualizado: 20/04/2003

 

 

 

 
NOVAS

Últimas novas

 
 

DISCO RECOPILATORIO DE CARLOS NÚÑEZ

17/03/2002

O gaiterio, que ven de actuar no afamado Festival de Lorient, anunción a saída dunha antoloxía con añgunha peza aínda non editada.

Carlos Núñez vai editar un recopilatorio no que aparecerán pezas dos seus tres trabalos. Tamén contará con pezas grabadas en directo e varias colaboracións que non se viron nos concertos que deu en España. Tamén anunciou a preparación do seu novo disco, que afondará muscialmente nas relacións entre Galicia e Bretaña.

 

PRESENTACIÓN EN RIVADAVIA DUNHA RECOLLEITA DE 1952

17/03/2002

Un disco que recolle unha escolma de música tradicional galega gravada por un americano en 1952. Ribadavia acolle hoxe a presentacióin de "Galicia. The Spanish Recordings", un disco editado polo arquivo Lomax, un dos máis importantes de música tradicional do mundo.

Alan Lomax realizou durante os anos cincuenta varios viaxes por Europa para recoller cancións populares. Inglaterra, Italia, Irlanda e España. Dentro do seu periplo español que o levou entre 1952 e 1953 por Aragón, Baleares, Asturias, Andalucía, Lerón e Euskadi visitou Galicia durante o inverno de 1952, que semella que foi esecialmente duro. Lomax chegou á península logo de contactar con Julio Caro Baroja, Eduardo Toner e o Museo de Pontevedra. Chegado ó noso país, Lomax visitou once localidades: A Coruña, Corcubión, Fisterra, Pontevedra, Soutoxustre, Hío, A Cañiza, Ourense, Avión, Ribadavia e Solveira.
(...)
O Centro de Estudios Medievais de Ribadavia, e mais concretamente Xosé Ramón Pousa, tentaron nos últimos anos rescatar as cancións galegas, das que ata o de agora só se editaran seis pezas en 1999 dentro do disco dedicado a España. Finalmente, o pasado ano e mediante a intercesión da canadiana Judith Cohen, vencellada a este centro, a filla de Lomax accedeu a que trinta pezas galegas do arquivo do seu pai fosen editadas en disco polo selo Rounder Records. Agora, e mediante a distribuidora Karonte, chegan ó noso país sons de hai cincuenta anos. O disco inclúe un libreto con textos de Luis Costa e de Judith Cohen contextualizando as pezas e as letras en galego e en inglés, identificando o lugar, a data e o nome de cada informante.

Máis datos: Lomax

 

V CONCURSO DE GRUPOS TRADICIONAIS - MEMORIAL MANUEL TEXO

13/03/2002

Saíron xa as bases para o concurso de música tradiciona Memorial Manuel Texo.

No enlace indicada pódense consultar as bases para o concurso, no que poderán participar quintetos e sextetos de música tradicional. Pódense inscribir grupos ata o 16 de abril, tendo lugar o concurso o 11 de maio.

Máis datos: Páxina de J. Presedo

 

XX CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA

13/03/2002

Cántigas Frores de Lugo organiza este curso que terá lugar os días 28, 29 e 30.


A matrícula é aberta e gratuíta, pero a estancia e a viaxe correrá por conta do alumno.
O profesorado estár composto por Bruno Villamor Gay, de Cántigas e Frores (Técnicas de gaita), Xaquín Xesteira 'Xocas', de Treixadura (Técnicas de percusión), Rosa Mª Fdez. Valdivieso (Técnicas de paderete e canto), Enrique Dominguez Lino, de Celme (Técnicas de baile galego), Iván J. Méndez López de Cantigas e Frores e José Manuel Fdez. Pensado 'Manel', de Aturuxo .
Máis información no correo cantigasefrores@mixmail.com ou no teléfono 982 265211

 

I ENCONTRO GALEGO DE ACORDEÓN DIATÓNICO

06/03/2002

O Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín convoca este Encontro que contará coa participación de coñecidos músicos galegos.

O dia 8 de marzo terá lugar o primeiro encontro galego de acordeón diatónico promovido desde o Conservatorio folque de Lalín polo alumnado e o prof. Pedro Pascual. Na taberna Celta de Bertamiráns dara-se lugar todos os intérpretes deste instrumento que hai em Galiza vindos desde Lalín, Coruña (alumnado de Brais Maceiras, acordeonista de Susana Seivane), da Aula Gomes Mouro de Ourense, irmans Castro Castor (instrumentistas de Pancho Alvarez), Xurxo Souto, Bieito Romero de Luar na Lubre, acompañados en muitos casos de outros instrumentistas como Pablo Alonso ao clarinete, Dani Sisto á guitarra, Xavier Diaz de Laio ao acordeón, Ugia Pedreira á voz, entre outros.

Máis datos: Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín

 

BERROGÜETTO NAS LISTAS DE WORLD MUSIC

06/03/2002

El grupo de folk Berrogüetto ha logrado entrar con su último trabajo, Hepta, en la más prestigiosa lista europea de musicas del mundo, el World Music Charts Europe (WMCE).

Como cada mes, un panel compuesto por más de 45 programadores y periodistas especializados de toda Europa selecciona, siguiendo estrictos criterios de calidad, los mejores discos de world music del actual panorama discográfico mundial. En su primer mes en listas, Berrogüetto entra ocupando el puesto número 15, por delante de más de 160 aspirantes, lo que supone un claro reconocimiento de la crítica europea al que, quizás, sea su trabajo más completo y arriesgado, Hepta.

Máis datos: WMCE

 

'SON DELAS' PERCORRERÁ GALICIA

05/03/2002

Oito mulleres galegas teñen como denominador común a canción, así como a poetisa Ana Romaní, xuntáronse para ofrecer, de manera auténticamente escepcional, xa que as súas carreiras ou ben son individuais o ben integradas en grupos, para presentar en Vigo, Santiago de Compostela, Lugo e A Coruña o espectáculo musical denominado Son Delas.

Estarán a gaiteira Susana Seivane, esta vez ademaís como cantante, María Manuela, Uxía Senlle, Mercedes Peón, Rosa Cedrón, Gaudi Galego, Uxía Pedreira e Sonia Lebedynski. Ensaian nunha escola de música de A Coruña un repertorio que se pode considerar escepcional xa que está formado por temas inéditos, algúns en solitario e outros en diferentes combinacións entre as cantantes e se completa con obras dalgún comp•sitores e sobre todo cona presencia de versos de importantes poetas.

Ai dea, según Uxia Senlle, portavoz de grupo, xurdiu o pasado ano na concellería de cultura de Santiago para celebrar o Dia Internacional da Muller Traballadora, polo que o concerto principal dos catro programados será, precisamente, o videiro 8 de marzo no Auditorio de Galicia.

A pintora Berta Cáccamo correrá a cargo da escenografía para a que creou intervencións artísticas especiais para este espectáculo a través dunha obra baseada na súa última liña estética e conceptual e tamén seleccionou unha serie de obras de pintoras, escultoras e fotógrafas galegas que se proxectarán durante o espectáculo, mentres que Ana Romaní, ademáis de crear poemas para cantar, incluirá un breve recital con versos doutras poetisas galegas.

Dende María Manuela ata Sonia Lebedynski hai varias xeracións, todas elas cunha categoría escepcional. Dende a expresión máis clásica, ata a máxima experimentación vocal; dende o lirismo máis puro, ata o mais arrebatado grito. A conxunción de todas elas reflicte unha sociedade convulsa, plural e, por suposto, resultado de moitos frontais choques culturais que derivaron nunha terra rica en contrastes e paisaxes interiores moi dispares.Segun Uxía, no panorama musical galego, cada vez máis extenso e intenso, as mulleres teñen algo máis que cantar, algo distinto e persoal, e este grupo de individualidades decidiu facelo a través do espectáculos Son Delas no que non soamente se representan a si mesmas, senón que lembran a tantas voces anónmas ou a outras que soan con nome Eva Castiñeira, as Pandereteiras de Mens ou as de Buxán.

Asvcantantes estarán acompañadas por un grupo no que forman o pianista Nani García con Marcos Tera nas guitarras, Roberto Somoza co saxo e flautas, Teresa Soges con batería e percusión, Kim García con contrabaixo e a acordeonista portuguesa Alexandra de Quirós.

Uxía Senlle abrirá o espectáculo con música propia e un texto de Ana Romaní; Mercedes Peón, coa sua voz sobrecolledora, cantara un tema "a capella'' no que marca profundamente o espírito desta xuntanza; Maria Manuela, unha voz transparente e lírica é un dos grandes referentes das cancións de autor en Galicia; Susana Seivane está considerada como a mellor gaiteira de Galicia do momento actual; Rosa Cedron, violonchelista e soista do grupo Lúar na Lubre aportará coa sua fermosa voz un rexistro interpretativo diferente; Gaudi Galego, cantante de Berrogüeto, presenta un tema que ela mesma compuxo, fortemente enraizado coa nos terra; Sonia Lebedynski, a máis nova de todas, representa o futuro esperanzador e o amosará coas suas profunda dotes interpretativas e Uxía Pedreira presenta dous temas inéditos, un deles composto por ela mesma, no que amosa a procura de novos discursos musicais e literarios.

Máis datos: O Correo Galego

 

 

SECCIÓNS