Ravachol
Actualizado: 16/02/2004

 

 

 

 
NOVAS

Últimas novas

 
 

AS GRABACIÓNS HISTÓRICAS DE SANTALICES, RECOMPILDAS NUN CD

16/02/2004

Cun texto inductorios de Antón Seoane, distintas fotografías e un texto autógrafo, ambos procedentes do arquivo privado da familia Santalicas, porase en breve a venda un disco que recolle as grabacións deste gaiteiro e investigador que foi o verdadeiro recuperador da zanfona en Españo.

Este disco compendia todo o que o ourensán Faustino Santalices grabou o longo da súa vida, rexistros realizados nos anos 1929 e 1949, incluíndo dous cortes que non foron enditados no seu día e que saen a luz agora. Un disco imprescindible para os amantes da música tradicional que constitúe ademáis todo un testimonio histórico da nosa cultura popular.

 

CONCELLO DE PONTEVEDRA PRESENTA O DÍA 17 O ÁLBUM CONMEMORATIVO DO CENTENARIO DO DISCO GALEGO

16/02/2004

O Teatro Principal é o espazo escollido polo Concello de Pontevedra para presentar, de xeito inédito, as primeiras gravacións comerciais das que se teñen noticia en Galicia.

O Teatro Principal é o espazo escollido polo Concello de Pontevedra para presentar, de xeito inédito, as primeiras gravacións comerciais das que se teñen noticia en Galicia. Un total de dezaoito pezas da música tradicional galega que compoñen este álbum conmemorativo do centenario do disco galego; unha reedición do primeiro e único traballo do coro Aires d'a Terra, impresionado orixinalmente en 1904 e 1911 en discos de gramófono. Acompaña o disco unha biografía da formación musical, fotos e un libreto explicativo, en catro idiomas, de J. L. Calle sobre as primeiras gravacións galegas.
O acto, que terá lugar o vindeiro 17 de febreiro ás 20:30 h., contará coa participación do gaiteiro Óscar Ibáñez e o grupo Treixadura Gaiteiros.

Máis datos: Ouvirmos

 

ABERTA A CONVOCATORIA PARA O V CERTAME FOLK RADIO OBRADOIRO

10/02/2004

Como é habitual nestas datas, ábrese a data para participar neste importante certame de música folk que pretende apoiar os novos grupos de música galega. Atención, porque as datas habituais cambiaron un chisco.

A iniciativa parte do programa 'En clave de folk', que se emite os luns en dous horarios, de 15:00 a 16:00 horas e logo a partir da medianoite. Os gañadores da primeira edición, que data de 1999, foron os vigueses Alfolíes. O xurado do segundo concurso deulle o premio a Quempallou, mentres que na terceira edición, celebrada no 2002, o galardón foi para Roi Xordo. No 2003 tiña lugar o cuarto certame, que viu como os lalinenses Grodan Defló se facían co primeiro premio. Desta volta a final desenvolverase no mes de abril por causas alleas á organización. O premio, coma noutras ocasións, consiste na gravación dun cd.

 

RAVACHOL EN RADIO ALLARIZ

06/02/2004

Queremos deixar constancia aquí de que Miguel Fernandez, de Radio Allariz, fíxonos unha entrevistiña, a primeira na vida desta páxina.

O xoves 5 tivemos a oportunidade de conversar longamente sobre a nosa páxina en O Cartafolk, un programa de Radio Allariz levado por Miguel Fernandez. Tamén tocamos, non podía ser doutro xeito, o tema da música galega, os grupos, o seu futuro, o papel das institucións públicas e toda unha chea de temas interesantes. Agradecemos a Miguel esta primeira oportunidade para presentarnos doutro xeito os nosos posibles visitantes.

 

LANZAMENTOS DE DISCOS PREVISTOS PARA O ANO 2004

01/02/2004

Os novos traballos de Luar na Lubre, Xosé Manuel Budiño, Laio e Susana Seivane verán a luz nos primeiros mese do ano. Quempallou, Uxía Senlle, Berrogüetto e Anubía tamén esperan publicar traballos ao longo deste ano.

Febreiro é a data marcada por Luar na Lubre para lanzar a súa nova obra, que se titulará Hai un paraíso, e que virá acompañada dun documental, titulado Un bosque de música, dirixido por Ignacio Vilar e que recolle a traxectoria da banda herculina ao longo da súa andaina.
En marzo espérase a saída de Zume de terra, o terceiro disco de Xosé Manuel Budiño, un álbum que quedou adiado, posto que estaba previsto o seu lanzamento para o ano pasado. O gaiteiro contará con colaboracións importantes, como as de Capercaillie, Jacky Molard, e as cantantes Sara Tavares e Lillian Vieira.
O mes de abril é a data fixada para a nova obra de Susana Seivane, que xa está metida no estudo de gravación ultimando as novas pezas do álbum. A finais dese mes tamén se espera o segundo álbum dos Laio, onde contarán coa colaboración do Kronos Quartet, da banxista Allison Brown e a cantante inuit Tanya Tagaq.
Antes do verán tamén está prevista a saída do novo álbum de Uxía Senlle, outro traballo que xerá moitas expectativas posto que a porriñesa fichou por un selo discográfico holandés coa idea de relanzar internacionalmente a súa carreira. A cantante galega contará con convidados importantes para o seu novo proxecto musical.
Berrogüetto sacará un disco especial, posto que no 2004 engadirán os temas necesarios para a publicación da banda sonora dos documentais televisivos Renovart.
O disco das cantareiras de Anubía seguramente será publicado despois do verán e tentarán continuar o vieiro aberto coa súa ópera prima, aínda que agora só haberá tres voces principais. Como tamén se anunciou en Ravachol, os Quempallou sacarán tamén o seu novo disco, aínda se data, o mesmo que Lume, un grupo debutante no panorama folk galego e do que forma parte Xoán Carlos Fernández Fasero.

 

 

SECCIÓNS