Ravachol
Actualizado: 19/01/2004

 

 

 

 
NOVAS

Últimas novas

 
 

NOVO DISCO: OS DEZAS DE MONEIXAS

19/01/2004

Sae un novo disco con grabacións históricas, elaborado polo Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.

A obra inclue unha selección das mellores gravacións de campo que se realizaron aos Dezas en distintos periodos, asi como tamém material dos discos matrices inéditos conservados pola familia do director do grupo José Benito Gonzalez.
Os Dezas de Moneixas supoñen para o conxunto da música tradicional galega unha das principais referencias do século XX. Desgraciadamente o feito de non teren publicado gravacións en vida do grupo, supuxo que con o paso do tempo o seu referente comezase a debilitarse.
A comunicación entre a emigración galega e os seus familiares mudou radicalmente cando nos anos 60 se universalizou o uso do magnetófono. Os Dezas de Moneixas participaron na gravación de unha serie de fitas enviadas a familiares en Caracas que hoxe se nos descobren como un documento de excepción.
As gravación dos Gaiteiros Os dezas de Moneixas son unha recopilación de informacións documentais inéditas na sua prática totalidade, procedentes de fontes orais e documentais directas, tanto sonoras como graficas, sobre a actividade musical do grupo de Lalín.
Os autores (equipo documental do Conservatorio de música tradicional e folque de Lalin) aportan noticias sobre as persoas, os instrumentos, as actividades e o entorno do grupo desde os inicios das suas actividades en 1927 ata a sua desaparición xá nos anos oitenta.
A obra inclue unha selección das mellores gravacións de campo que se realizaron aos Dezas en distintos periodos, asi como tamém material dos discos matrices inéditos conservados pola familia do director do grupo José Benito Gonzalez. Estas gravacións estan acompañadas por unha seleccion de documentación grafica de distintos periodos comprendendo fotografias e outros grafismos como publicidades ou carteleria.
Edita. Ouvirmos
Dirección artística. Ramón Pinheiro Almuinha
Productor ejecutivo. José Manuel Aldea Moscoso
Restauración sonora. Pablo Barreiro.
Investigación documental.Aula de Teoria e Método do Conservatoiro de música Tradicional e Folque de Lalín. 1ª promoción.
Texto central: Luisa Areán
Patrocinan: Concello de Lalín, A.C.O Naranxo, Improtec Stones, Unipro.
Colaboran: CMTF de Lalín, Radio Galega, Patronato Cultural de Lalín.

 

XOSÉ MANUEL BUDIÑO, GUADI GALEGO, GUILLERMO FERNÁNDEZ E CRISTINA PATO, NO CELTIC CONNECTIONS DE GLASSGOW.

14/01/2004

Os tres primeiros participarán no espectáculo Harverst, de Donal Shaw, que abre o festival.

Xosé Manuel Budiño, Guadi Galego e Guillermo Fernández, os dous últimos do grupo vigués Berrogüetto, participarán no espectáculo, de Donald Shaw, membro fundador do coñecido grupo Capercaillie, que esta noite abre o Celtic Connections Festival no Main Auditorium del Concert Hall de Glasgow.
No espectáculo participan case cen músicos de Bretaña, Escocia, Irlanda, Asturias e Galicia, e pretende ser unha homenaxe ás culturas celtas.
Tamén Cristina Pato estará no festival. Será o próximo sábado 17 de xaneiro.
O listado completo de artistas pódese consultar na páxina oficial do Celtic Connections.

Máis datos: La Voz de Galicia, 13/1/03

 

QUEMPALLOU GRABA NOVO DISCO

09/01/2004

O grupo Quempallou iniciará a grabación do que será o seu novo disco no mes de febreiro.

O traballo, aínda sen título, grabarase nos estudios Desfase Sound e publicarase no selo Zouma Records. Entre outras novidades, haberá cambios na formación coa incorporación dun novo percusionista, e a participación na grabación de algún convidado. Está xa asegurada a presencia da voz de Chisco, coñecido músico que ten colaborado en programas de televisión e profesor de percusión da Universidade Popular de Vigo. O grupo anuncia un pequeño cambio de estilo, aumentando desta vez o número de pezas cantadas.

 

XAVIER BLANCO PUBLICA INSTRUMENTOS POBRES

05/01/2004

Sae por fin publicado o segundo traballo deste gaiteiro de Moaña (Pontevedra). Se no primeiro amosaba as posibilidades da gaita de cana, desta volta explora a expresividade da percusión feita cabazos, piñas, culleres, latas, cunchas, fouciño...

Nos trece cortes do disco (muiñeiras, pasacorredoiras, marchas, alalás...) soan todos eses instrumentos que outrora permitían a xente con menos recursos económicos facer música alá onde estiveran. De feito, moitos xurden dos trebellos habituais no seu traballo ou vida cotiá. Xavier Blanco emprega, como no anterior disco, material recompilado na zona de Moaña.
Tamén tedes información na páxina do propio gaiteiro.
O dísco pódese mercar xa on-line en Trading-Records,

Máis datos: La Voz de Galicia

 

 

SECCIÓNS