|
| |
|
NOVAS
|
|
|
| |
|
|
|
29/01/2003
Este sábado 1 de febreiro será recordado como o máis intenso musicalmente en anos. É que ducias de concertos conformarán un mapa de protesta artísico por toda a xeografía galega. Na seccion de concertos puxemos os máis destacados, pero hai moitos máis. ¡Un, dous, tres! ¡Probando! ¡Nunca Máis!
Dende grupos de pandereteiras a consagradas bandas coma Milladoiro tocarán por cidades, vilas e pobos de toda Galiza. O obxectivo: protestar musicalmente contra a inoperancia das autoridades na marea negra do Prestige e pedir demisións. En definitiva: sumarse a Burla Negra. E non só música folc: jazz, teatro, dj's, rock, recitais de poesía, baile, jam sessions... Todo vale neste concerto expansivo. Tódolos concertos custan 3 euros que irán destinados a Nunca Máis, e comezarán arredor das 22:00 da noite.
O manifesto, leído ó comenzo do concerto e escrito por Manolo Rivas, será o seguinte:
Manifesto contra Silencio
Atención. En todas as esquinas da Vía Sacra de Neón hai hoxe un concerto expansivo. Emitimos acordes contra a adversidade. Emitimos contra a mercadoría perigosa da mentira. Emitimos contra a maquinaria pesada da propaganda. Emitimos contra o rexistro bruto da incompetencia. Emitimos contra un goberno rancoroso, feo, ameazante. Emitimos na onda libre dos cans da noite, na alegre radiofonía secreta das sereas e na frecuencia do corvo de Allan Poe que peteira en morse a clave que nos une: ¡Nunca Máis! Rescatamos do naufraxio unha orgullosa bandeira ennegrecida. Rescatamos os instrumentos de soñar. Rescatamos os tesouros roubados. Rescatamos un mascato chamado liberdade. Rescatamos o cormorán cristado da dignidade. Rescatamos as cancións na fonoteca invencible do mar. E rescataremos a verdade. A verdade sairá a flote no país das barcas de pedra. Facemos probas de son coa esperanza. Atención. Estamos a emitir ex conxuros solidarios. Estamos a confortar o noso corazón e a facer máis forte ao noso pobo. Porque Galicia non ten prezo. Xa non ten prezo. Facemos probas de son coa liberdade. ¡Un, dous, tres! ¡Probando! ¡Nunca Máis!
Máis datos: Lista de Actuacións en Burla Negra
|
CONVOCATORIA URXENTE AREA NEGRA - NUNCA MÁIS PARA MÚSCOS
|
|
17/01/2003
A coordenadora de ensino Area Negra integrada na Plataforma Cidadá NUNCA MÁIS convoca a todos os músicos e artistas en xeral que desexen participar na animación da Cadea Humana que se celebrará o mércores 22 de xaneiro pola mañá na Costa da Morte, dende Muxía ata Laxe ( abarcando 40 km con 40.000 profesores e alumnos confirmados )
O obxetivo é que durante o evento exista, no maior número de puntos posible, animación artistica de todo tipo, acompañando aos participantes na cadea humana. Todos os interesados en participar neste evento deben contactar URXENTEMENTE con:
CHECU: 626472832
|
1 DE FEBREIRO, 100 CONCERTOS SIMULTÁNEOS
|
|
09/01/2003
Burla Negra, xunto con Nunca Máis Barcelona, Marea Humana de Madrid e outros colectivos promoven unha iniciativa de protesta contra a marea negra e a situación de Galiza nestes días negros.
A iniciativa, chamada 'Concerto Simultáneo', pretende organizar concertos en Galicia, Madrid e Barcelona, todos á mesma hora, colapsando a noite con Nunca Mais.
A iniciativa está aberta a todo tipo de música, non só folc, e podense unir locais con programacións xa pechadas que queiran participar. Tamen se poden programar outras actividades artísitcas (fotografía, literatura, teatro...) Se desexa obter máis información sobre o tema ou desexa participar, póñase en contacto con algunha cordinadora de Nunca Máis, Burla negra ou nós mesmos: ravachol@ravachol.org
Máis datos: Plataforma Nunca Mais
|
RUXE-RUXE PRESENTA 'A TERRA DOS COMENTOS', O SEU NOVO DISCO.
|
|
09/01/2003
A presentación do disco terá lugar na sala Nasa de Santiago e colaborarán no concerto varias bandas afíns.
Aparte dos propios Ruxe ruxe tocarán Samesugasm Túzaros, Amaghúa, Liñaceira, Os Tres Trebóns, Papaqueixos, Xosé Manuel Budiño, Maestro Reverendo, Bocixa 'Zenzar'. Ademáis representarrase unha obra de teatro de D.F. Vieites, Tian Mendez e V. Neiras titulada "Arins-Texas" . O concerto será o sábado 11 de saneiro ás 21:30.
Máis datos: Páxina oficial de Ruxe Ruxe
|
MORRE CALVIÑO, O REGUEIFEIRO DE BERGANTIÑOS
|
|
05/01/2003
O regueifeiro Jose Fernández Rama, morreu onte día 4 de xaneiro, no concello de Ponteceso
O regueifeiro, moi coñecido na comarca de Bergantiños, formou xunto con Celestino, tamén desaparecido, un duo que recuperou unha forma de improvisación humorística típica dalgunhas zonas de Galcia.
Máis datos: Nova en La Voz de Galicia
|
O XORNAL LA VOZ DE GALICIA LANZA SONS DE GALICIA
|
|
01/01/2003
Unha colección musical vai ser lanzada polo diario galego con discos de autores galegos a partires do cinco de xaneiro.
Grupos de folc dos setenta, cantautores e representantes da música galega da última xeneración compoñen esta colección. A antoloxía venderase co exemplar do xornal os martes e xoves. No primeiro día, os dous primeiros discos, Milladoiro e Os Tamara, venderanse por dous euros. Os restantes discos mostrarán traballos xa editados de Fuxan os Ventos, Amancio Prada, A Roda, Emilio Cao, Susana Seivane, Cristina Pato, Berrogüetto e Luar Na Lubre. A colección será, posi, un bó momento para completar discografías. Esta colección foi presentada pouco despois de que o mesmo xornal vendese o último traballo de Fuxan os Ventos. Desgraciadamente a distribución deste disco foi algo escasa, polo que recomendamos ós interesados que reserven os exemplares con antelación nos puntos de venta habituais.
Máis datos: La voz de Galicia
|
|
|