Ravachol
Actualizado: 09/05/2004

 

 

 

 
NOVAS

Últimas novas

 
 

QUEMPALLOU EDITA ESTREMONÍAS

09/05/2004

Estremonías, editado pola discográfica Zouma Records, é o segundo disco desta formación e conta con abondosas colaboración.

Será este un disco gravado e argallado con moita máis calma, no que destacan as composicións propias baseadas en estructuras tradicionais; algunha que outra saída do seu estilo base; e sobre todo unhas letras que falan das cousas do mundo no que nos tocou vivir, que convidan a face-la festa sen nos esquecer do bo e máis do malo de tódolos días visto dende unha perspectiva galega e persoal a un tempo
Colaboran con eles convidados que aportan importantes notas de cor ao traballo: Óscar dos Cempés coa zanfona; Xurxo Brea de Mutenrohi co baixo; e as voces de Chisco Feijoo do Fiadeiro, do guardés Tino Baz, e de Xosé Ambás (do grupo asturiano N’Arba), quen cantará en lingua asturiana por primeira vez nun disco galego.
Veremos neste álbume un grupo remodelado e moito máis maduro, que tampouco esquece a liña que encetaran co seu primeiro cedé, Quempallou, co que xa conseguiran importantes logros coma ser número un na lista de emisión dunha importante radio de Atlanta (EE.UU.) adicada ás músicas do Mundo, a W.R.A.S.
Na páxina web do grupo pódese xa merca-lo disco, baixar as partituras das pezas ou escoitar un extracto do do disco.

Máis datos: Páxina Web oficial de Quempallou

 

 

SECCIÓNS