Xota de Soutelo de Montes: Cando salín de Soutelo Os meus ollos eran fontes Adiós monte de Soutelo, Adiós Soutelo de Montes. Se me queres dar la muerte Olvídame prenda mía. Non hai cuchillo máis fuerte Para me quitar la vida. Onde vai que non nos vimos, Máis hai que non nos falamos, Xa o camiño bota erbas Donde nos paseabamos. Teño un pesar como un puño Eicho da contar un día No meu corazón non cabe Causa de melancolía.