O gato nun saco: Xuntáronse catro un día, os mellores deste barrio mataron un gato a tiros e o meteron nun saco. Vai o gato metido nun saco vai o gato pra terra da laxe vai o gato metido nun saco ai gatiño, xa non volves máis. O gato era un artista, que traballaba na ribeira, agora é un bañista na praia da Castiñeira. Vai o gato.. Que mal lles parecía a calquera deses catro, que os meteran nun saco como meteron ó gato. Vai o gato...