Mariñada de Rianxo: Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós, ai Pepiño por Deus non te vaias, quédate con nós, quédate con nós, non te vaias afogar na praia como nos pasou a nós. ¡Ai Sálvora, ai san Vicente! ¡Ai Sálvora, ai san Vicente! ¡Ai Sálvora, ai san Vicente! as mozas bonitas, están en Mourente. Ai Pepiño, adiós... ¡Ai Sálvora, ai san Vicente! ¡Ai Sálvora, adiós Mourente! ¡Ai Sálvora, boca da ría! ¡Para boas mozas en Vilagarcía! Ai Pepiño, adiós... ¡Ai Sálvora, vento norteiro! ¡Ai Sálvora, meu compañeiro! ¡Ai Sálvora, vento ventiño! xa están as rapazas na punta de Aguiño. Ai Pepiño, adiós..