A saia de Carolina: A saia da Carolina ten un lagarto pintado; cando a Carolina baila o lagarto dálle ó rabo. ¿Bailaches, Carolina? Bailei, si señor. ¿Dime con quen bailaches? Bailei co meu amor Bailei co meu amor Bailei co meu amor ¿Bailaches, Carolina? Bailei, si señor. A Carolina é unha tola que todo fai ó revés; vístese pola cabeza e íspese polos pés. ¿Bailaches, Carolina? Bailei no cuartel. Dime, ¿con quen bailaches? Bailei co coronel. Bailei co coronel. Bailei co coronel. ¿Bailaches, Carolina? Bailei no cuartel. O señor cura nonbaila porque ten unha coroa. Baile, señor cura, baile, que Deus todo llo perdoa. ¿Bailaches, Carolina? Bailei, abofé. Dime, ¿con quen bailaches? Bailei co meu Xosé. Bailei co meu Xosé. Bailei co meu Xosé. ¿Bailaches, Carolina? Bailei, abofé. No curro da Carolina non entra carro pechado namais entra Carolina co seu cocho polo rabo. Co teu amor, Carolina, non volvas a bailar porque che levanta a saia e é moi mala de baixar.