A Virxe da Barca: Veño da Virxe da Barca, da Virxe da Barca veño, veño de abala-la pedra, de abala-la pedra veño. Díxenvos unha mentira, veño de abala-la pedra, veño de abala-la grande, que a pequena abala ela. Nosa señora da Barca ten o tellado de pedra, ben a puidera ter de ouro, miña Virxe se quixera. Nosa señora da Barca ten un teito bo de pedra; di a campana na volta: ¡cantas voltas vai dar ela! A miña Virxe da Barca, para o ano hei de volvere que me quedou a mantilla no altar por recollere