O sancristán de Coimbra: O sancristán de Coimbra facía mil diabluras. mollaba o pan en aceite deixaba os santos a escuras. E vate fado, e vate ben ti ere-la causa do meu desdén. O mar tamén ten amores o mar tamén ten muller está casado coa area dálle bicos cantos quer. E vate fado... Eu quixera ser merliño e ter o pico encarnado para facer o meu niño no teu cabelo dourado. E vate fado..