Una media e media feita e outra media por facer dime ti meu queridiño cantas puntas van a ter? Moza: Con permiso dos señores e desta xente de ben estimara me dixera este galán a que ven. Mozo: Este galán a que ven el che dirá de verdá venche por pasar o tempo a usos da mocedá Moza: A usos da mocedá eso galán ben dixeches se non sabes mais camiño vaite por onde viñeches. Mozo: O camiño ven o sei que ven o vexo d'aqui pero estimara levar unha dama coma ti