Pandereitada de Muxia: Coloradiña da cara eu non a quixera ser, porque a mazán colorada todos a queren comer Cando dous queren a unha e si están os dous presentes un asobia ca rábea e outro rechina os dentes Si queres que vaia a verte de noite polo luar hasde matala cadela que non fai sinon ladrar. Non me case miña nai con home que viudase pois non quero criar pitos que outra galiña chocase