Pandeiretada dos vellos: Un vello e mais unha vella ai, fixeron unha trasnada empezaron a brincar ai, e quedaron na estacada Os vellos non valen pra certos traballos o demo os atenta meterse en fregados merterse en fragados mellor lles seria cun prato de papas quentar a barriga Duas vellas garuleiras ai, andaban buscando home e decialle unha a outra ai, xa escampará si non chove Miña sogra ao peneirar ai, todo o corpo darandea rabea por ter un home ai, e está caendo de vella. Eu caseime cunha vella ai, sei co dmo non me atentou alá pola media noite ai, na cama se esforricou