Eu caseime no Araño, Coa filla dun arañón-e Ela bonita non é, Pobre sí, honrada non-e. Eu caseme na montaña Porque había moito pan-e O forno da miña sogra Bota silvas polo vran-e. Eu caseime coa bonita, Coa bonita sen facenda Agora quero comer A bonita non m'alembra. Eu caseime por un ano, Por saber que vida era O ano vaise acabando, Solteiriña quen me dera. Eu caseime por un ano Coidando de vender allos Agora vendo cebolas Por causa dos meus traballos