Coplas de pandeiro: Para cantar veño eu para bailar meu irman viva quen o ten na man. Algún dia cantei ben agora vella non podo a quen canta ben de moza sempre lle vai dando modo O gaiteiro toca a gaita a muller o tamboril os fillos as castañetas na miña vida tal vin! O pandeiro ten a culpa o pandeiro tena toda o pandeiro ten a culpa que lle den e non resona.