Pandeirada de Ribadavia: Marica foi ao muiño moer un saco de panhe e no medio do camiño atopou cun seu veciño que ten sona de larchanhe. Ai, la-ra-la-la, etc.. Canto tardou en moelo non volo poido sabere soio que dixo Tadeo que o raio do tarabelo non paraba de moere Ai, la-ra-la-la-la, etc... Desde entón xa non volveu Marica polo muiño nin tampouco apareceu inda rogándollo ao ceo o larchán do seu veciño Ai, la-ra-la-la-la, etc...