Este é o tempo de entroupele entroupele este é o tempo de estroupelear este é o tempo de maza'lo liño este é o tempo do liño mazar Has de cantar a veira do río o son das oliñas do campo frorido has de cantar a veira do mar ao son das oliñas que veñen e van Véndeme os bois e véndeme as vacas e non me vendas o pote das papas véndeme a cunca e mais o cunqueiro e non me vendas o meu tabaqueiro Has de cantar a veira da fonte que ch'ei de dar peros cocidos no pote; ai! has de cantar miniña solteira ai! has de cantar alá na ribeira