Foliada do Rueiro: Moi mollada tes que estar Santiago de Compostela Moi mollada tes que estar Por un lado te-lo Sar Polo outro o Sarela Polo outro o Sarela Aialelo aialalo. Fun polo Rueiro,fun por Figueiriñas Fun e no camiño unha moza atopei Non sei se unha fada ou unha meiga sería Pois daquela moza eu me namorei. Dende Lermo ata o Rueiro Serpentea,maino o río Dende Lermo ata o Rueiro Tamén eu serpenteaba Tras dun amor verdadeiro Tras dun amor verdadeiro Aialelo aialalo. Fun polo Rueiro... Unha noite de trebóns Pasei a ponte do Carmen Unha noite de trebóns E tan cheo o río iba Que me mollei os calzóns Que me mollei os calzóns Aialelo aialalo. Fun polo Rueiro...