Foliada de Berducido: Caravel caraveliño, ai meu caravel desexado (bis) Poñente as nenas no peito, ai buscan seu namorado Anda vira e vira, tamén viro eu teu pai é meu sogro, teu amor son eu teu amor son eu, non o podes negar... anda vira e vira e volve a virar As floriñas da toxeira, ai todas son amareliñas (bis) as nenas que bailan moito, ai poñense coloradiñas Anda vira e vira, tamén viro eu teu pai é meu sogro, teu amor son eu teu amor son eu, non o podes negar... anda vira e vira e volve a virar Viva a muller de Galicia, ai vivan os aires da Terra (bis) Tamén queremos que viva, ai viva tamén Pontevedra Anda vira e vira, tamén viro eu teu pai é meu sogro, teu amor son eu teu amor son eu, non o podes negar... anda vira e vira e volve a virar