Foliada mariñeira: Dous amores no meu peito viven para o meu pensare: o da mociña que quero e-o do traballo no mare Eu son mariñeiro da beira do mar teño unha barquiña para navegar para navegar para navegar... eu son mariñeiro da beira do mar. Para ser bo mariñeiro tres condicións hai que tere: conocer o mar e os barcos e non ter medo a morrere A vida de mariñeiro e triste a máis non podere: en busca do peixe saie sin saber si ha de volvere