Foliada de Santiago: Hai un carreiro de estrelas Que vai ó lombo do ceo E o que me leva a Santiago A gana-lo xubileo E o que me leva a Santiago A gana-lo xubileo. Polo Sar abaixo vai unha troita de pé Corre que te corre quen a poidera coller Quen a poidera coller ,quen a poidera pillar A cabalo dela ir a beiriña do mar. Si vas polas Platerías a rezar á Corticela Beberas auga bendita Dos cabaliños de pedra. Beberas auga bendita Dos cabaliños de pedra. Polo Sar abaixo... Benditos os santiagueses Que souberon darse maña Para gaña-lo Libredón Do santo Patrón de España, Para gañar o Libredón do santo Patrón de España. Polo Sar abaixo vai...