Cantigas de cegos: Este ceguiño que ouvides cantando de entrambos ollos da cara cegou mais por agora vaise gobernando con outro ollo que ainda lle quedou. Isto que eu digo contáronme a min volvendo da feira de PortoMarín; con outras cousiñas que vou contar eu si non ou non certas eu non vólo sei. Como son vello e fáltame a vista cando unha moza me ven a falar pra me dar conta si égrosa ou é fraca teño por forza que as máns apelar. E teño observando que as hai que se rin e outras, moi pouquiñas, que foxen de min: a maor parte delas chaman polas nais pro chaman baixiño e arrímase máis Ana Marica quedouse soiña porque o seu home pra Cuba marchou e tal desgosto colleu a rapaza que gravamente a coitada enfermou E solo queria que a fose a coidar un primo que tiña no mesmo lugar e despois decia cando xa sanou: - gracias ás fretiñas que manuel me dou.